Skip to main content

Julián Álvarez Escudero, reelixido decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía

O profesor Álvarez Escudero no seu despacho na Facultade
O profesor Álvarez Escudero acaba de ser reelixido decano de Medicina e Odontoloxíaa. Foto: Santi Alvite
Repite no cargo logo da súa reelección nun proceso electoral no que obtivo 75 votos a favor, 26 en branco e 2 nulos

O catedrático da Área de Cirurxía Julián Álvarez Escudero acaba de ser reelixido como decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía. Nunha Xunta de centro celebrada este mércores, na votación rexistráronse 75 votos a favor, 26 en branco  e 2 nulos.

Adscrito ao Departamento de Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas, Julián Álvarez Escudero é ademais xefe do Servizo de Anestesioloxía, Reanimación e Tratamento da Dor do Complexo Hospistalario Universitario de Santiago. Con anterioridade foi presidente da Sociedade Española de Anestesioloxía, Reanimación e Terapéutica da Dor así como da Comisión Nacional da Especialidade. No eido investigador está adscrito ao grupo Investigación Translacional do Doente Crítico.

The contents of this page were updated on 09.30.2021.