Julián Álvarez Escudero, reelixido decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía
Repite no cargo logo da súa reelección nun proceso electoral no que obtivo 75 votos a favor, 26 en branco e 2 nulos
O catedrático da Área de Cirurxía Julián Álvarez Escudero acaba de ser reelixido como decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía. Nunha Xunta de centro celebrada este mércores, na votación rexistráronse 75 votos a favor, 26 en branco e 2 nulos.
Adscrito ao Departamento de Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas, Julián Álvarez Escudero é ademais xefe do Servizo de Anestesioloxía, Reanimación e Tratamento da Dor do Complexo Hospistalario Universitario de Santiago. Con anterioridade foi presidente da Sociedade Española de Anestesioloxía, Reanimación e Terapéutica da Dor así como da Comisión Nacional da Especialidade. No eido investigador está adscrito ao grupo Investigación Translacional do Doente Crítico.