Skip to main content

A Comisión Reitora dá o visto bo á nova estrutura de goberno do Campus Terra

A Comisión Reitora dá o visto bo á nova estrutura de goberno do Campus Terra
A Comisión Reitora dá o visto bo á nova estrutura de goberno do Campus Terra
O reitor Antonio López presidiu este luns unha sesión extraordinaria da comisión reitora do Campus Terra na que se deu o visto bo á nova estrutura de goberno, inclusiva e aberta, deste campus de...
Lugo

O reitor Antonio López presidiu este luns unha sesión extraordinaria da comisión reitora do Campus Terra na que se deu o visto bo á nova estrutura de goberno, inclusiva e aberta, deste campus de especialización a falta de que a mesma sexa referendada polo Consello de Goberno da USC.

 

Xunto á Comisión Reitora, órgano máximo da estrutura de goberno do Campus Terra, créase unha comisión económico-social que abranguerá unha ampla representación do tecido produtivo. Ademais, unha Comisión Científica Externa, formada por persoas de recoñecido prestixio académico, profesional e/ou investigador, proporá perfís profesionais de futuro que teñan que ser a base da evolución académica e investigadora do Campus Terra.

 

A Comisión de Coordinación será o órgano encargado de xestionar e impulsar o plan de acción do Campus Terra e nela estarán representadas as distintas áreas de traballo do campus: i+D+i, Especialización Académica, Internacionalización e Relación coa Contorna.

 

Ademais do reitor, na comisión tamén estiveron presentes a vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel; a adxunta á Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo para Investigación, Transferencia e Innovación, Elvira López Mosquera; o adxunto á Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo para Estudantes, Internacionalización, Cultura e Servizos, Jesús Varela Zapata; o vicexerente do campus de Lugo e Servizos, Xosé Delfín Pérez González; decanos e directores das facultades e escolas que integran o campus de Lugo da USC, así como a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Fundación CEL.

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.