Skip to main content

A comisión reitora do Campus Terra da USC aproba o plan de actuación previsto para 2018

La comisión rectora del Campus Terra de la USC aprueba el plan de actuación previsto para 2018
La comisión rectora del Campus Terra de la USC aprueba el plan de actuación previsto para 2018

 
A comisión reitora do Campus Terra reuniuse este martes na vicerreitoría de Coordinación para abordar a execución do plan de actuación correspondente ao ano 2017, así como para someter a...
Lugo

 

A comisión reitora do Campus Terra reuniuse este martes na vicerreitoría de Coordinación para abordar a execución do plan de actuación correspondente ao ano 2017, así como para someter a aprobación o novo plan que deberá executarse na presente anualidade. A comisión estivo presidida polo reitor da Universidade de Santiago de Compostela Juan Viaño, e na mesma tamén tomaron parte o secretario xeral de universidades da Xunta de Galicia, Alberto Díez de Castro; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o deputado provincial, Álvaro Santos; así como os tres vicerreitores do Campus Terra, os decanos e directores das facultades e escolas que integran o campus; xerente, vicexerente e a Confederación de Empresarios de Lugo. Na comisión reitora tamén se informou sobre a modificación da oferta docente do Campus Terra.

 

O mantemento das estruturas de gobernanza internas e externas do Campus Terra, así como da unidade técnica e a consolidación das redes de valor xeradas; o desenvolvemento de plans operativos e a materialización de accións estratéxicas indicadas no plano estratéxico do Campus Terra da USC centrarán as liñas de acción nos próximos meses.

 

O director do Campus Terra da USC, Javier Bueno, avanzou neste senso a pretensión de  dar continuidade e avanzar neste ano no progresivo desenvolvemento dos plans operativos xa comezados nos eidos da docencia, investigación, comunicación, internacionalización, especialización docente e acreditación e certificación. Bueno sinalou neste senso que as prioridades son potenciar as plataformas e servizos de investigación e de transferencia do Campus Terra.

 

Outro dos acordos adoptados pola comisión reitora do Campus Terra da USC alude á pretensión de atender e dar resposta ás necesidades que presenten os centros universitarios e as titulacións neles ofertadas.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.