Skip to main content

Tres titulados na EPS de Enxeñaría do Campus Terra acadan contratos predoutorais no último programa de axudas do MECD

 Tres titulados en la EPS de Ingeniería del Campus Terra obtienen contratos predoctorales en el último programa de ayudas del MECD
Tres titulados en la EPS de Ingeniería del Campus Terra obtienen contratos predoctorales en el último programa de ayudas del MECD
Tres investigadores titulados na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC resultaron seleccionados na última convocatoria do programa de concesión de axudas para contratos...
Lugo

Tres investigadores titulados na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC resultaron seleccionados na última convocatoria do programa de concesión de axudas para contratos predoutorais para a realización de teses de doutoramento en universidades españolas, promovido polo Ministerio de Educación Ciencia e Deporte (MECD) e cuxa resolución da edición de 2016 vén de facerse pública.

 

Os novos investigadores en formación do Campus Terra da USC beneficiarios nesta última convocatoria de achegas son a graduada en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e máster en Enxeñaría Agronómica María López de la Calle; o graduado en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural e máster en Enxeñaría de Montes, Juan Alberto Molina Valero; e Néstor Areán Varela, graduado en Enxeñaría Civil no Campus Terra da USC.

 

A inclusión destes tres investigadores mozos que completaron a súa formación de grao na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra como beneficiarios dos contratos que ofrece o MECD a través desta convocatoria de achegas á investigación, tradicionalmente coñecidas como bolsas de Formación de Profesorado Universitario (FPU), produciuse no marco dun concurso público en libre concorrencia competitiva en cada unha das modalidades establecidas na propia convocatoria.

 

Na modalidade de Agricultura, a enxeñeira María López de la Calle obtivo a segunda máxima puntuación das 17 candidaturas seleccionadas, mentres que Juan Alberto Molina Valero figura no posto número 11. Asemade, na categoría de Enxeñaría Civil e Arquitectura, Néstor Areán Varela ocupa o número dez dos 31 beneficiarios.

 

O director da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC, Tomás Cuesta García, logo de trasladar os seus parabéns aos novos investigadores seleccionados nesta convocatoria de achegas, manifestou que a relevancia acadada pola EPS de Enxeñaría da USC na última convocatoria de Axudas para a Formación de Profesorado Universitario (FPU) non fai máis que reforzar o éxito académico da EPS de Enxeñaría, un centro universitario que está a celebrar os seus 50 anos de existencia en Lugo.

 

Cuesta García lembrou neste senso que, ademais da satisfacción e boa imaxe da EPS de Enxeñaría do Campus Terra que proxectan os tres enxeñeiros beneficiarios da última convocatoria de achegas do MECD para contratos FPU, a calidade da oferta académica e de I+D+i do centro universitario lugués tamén está contrastada pola inclusión dos seus títulos de grao nos primeiros postos do U-ranking 2017, unha publicación elaborada polo BBVA para as universidades españolas públicas e privadas. A consecución, por segundo ano consecutivo, dunha das prestixiosas bolsas concedidas por La Caixa por parte dunha enxeñeira titulada na EPS de Enxeñaría da USC é outro dos argumentos que pon en valor a excelencia académica do centro, destacou Cuesta.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.