Skip to main content

O curso 2017-2018 do IV Ciclo Universitario da USC bota a andar na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra

El curso 2017-2018 del IV Ciclo Universitario de la USC echa a andar en la Escuela Politécnica Superior de Ingeniería del Campus Terra
El curso 2017-2018 del IV Ciclo Universitario de la USC echa a andar en la Escuela Politécnica Superior de Ingeniería del Campus Terra
O programa do IV Ciclo Universitario da USC para o curso 2017-2018 botou a andar este luns no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC, cunha sesión de...
Lugo

O programa do IV Ciclo Universitario da USC para o curso 2017-2018 botou a andar este luns no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC, cunha sesión de presentación da oferta académica e dos prazos de matrícula para o novo exercicio académico.

 

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema; a directora do IV Ciclo Universitario da USC, Esther Olveira Olveira; e a coordinadora deste programa de formación de maiores de 55 anos na sede universitaria luguesa, Teresa Rodríguez López, participaron neste acto de presentación do IV Ciclo da USC no Campus Terra.

 

O programa académico do IV Ciclo Universitario no Campus Terra comezará a desenvolverse a comezos de outubro, aínda que o prazo de matrícula nestes estudos permanecerá aberto ata o 15 de setembro. As persoas maiores de 55 anos interesadas en participar nas distintas actividades formativas programadas ao abeiro desta iniciativa poderán formalizar xa a súa inscrición na Unidade de Xestión Académica do campus lugués.

 

A oferta de materias incluídas no programa do IV Ciclo Universitario é moi ampla e abrangue unha temática diversa na que se inclúen materias relacionadas co territorio e a paisaxe, educación ambiental, historia da cidade de Lugo, literatura galega, biodiversidade e conservación, informática, alimentación saudable, zooloxía, historia, botánica forestal, fundamentos de psicoloxía, técnicas de microscopía, cultura e paisaxe, agricultura a pequena escala, análise do mundo rural, historia de Europa, fisioloxía e saúde, patrimonio cultural, historia da arte, xornalismo e sociedade, ópera, teatro e cine; estrutura política económica, astronomía, astrofísica, xeografía, intelixencia emocional, riscos naturais, ecoloxía e desenvolvemento sustentable, danza, francés, italiano ou participación social e voluntariado.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.