A Casa do Saber acolle o foro 'Cales son as respostas ás cuestións propostas desde a Cátedra do Pan e do Cereal?'
A directora da Cátedra do Pan e do Cereal do Campus Terra da USC, a catedrática Ángeles Romero, cualificou de “moi ilusionante” o traballo xa desenvolvido pola primeira cátedra institucional do Campus Terra da USC durante o seu primeiro ano de vida, unha efeméride que lembrarán o vindeiro 4 de xullo no auditorio da Casa do Saber cun foro aberto de debate e divulgación, no que distintos relatores, pertencentes a diversos ámbitos sociais e profesionais, afondarán sobre as distintas inquedanzas e problemáticas ás que busca dar respostas esta cátedra universitaria de marcado carácter multidisciplinar.
Baixo o título, ‘¿Cales son as respostas ás cuestións propostas desde a Cátedra do Pan e do Cereal’, a xornada desenvolverase a partir das 16.00 horas na Casa do Saber de Lugo e contará coa presenza do presidente do grupo Da Cunha e promotor desta cátedra, Manuel da Cunha Pereira. A inscrición é gratuíta ata completar as 75 prazas ofertadas e para asistir é preciso enviar un mail a: ramon.mazoy.fernandez [at] usc.es (ramon[dot]mazoy[dot]fernandez[at]usc[dot]es)
Indicando:
- nome e apelidos
- DNI
- dirección
- teléfono
- empresa/institución