Skip to main content

‘Sons Creativos’ ofrece do 25 ao 28 de maio na Casa do Saber un ecléctico programa de sesións de electroacústica e arte sonora

‘Sons Creativos’ ofrece del 25 al 28 de mayo en la Casa do Saber un ecléctico programa de sesiones de electroacústica y arte sonora
‘Sons Creativos’ ofrece del 25 al 28 de mayo en la Casa do Saber un ecléctico programa de sesiones de electroacústica y arte sonora
A novena edición do programa ‘Sons Creativos’, unha plataforma para a difusión e creación sonora, ofrecerá do 25 ao 28 de maio no auditorio da Casa do Saber do Campus Terra da USC un ecléctico...
Lugo

A novena edición do programa ‘Sons Creativos’, unha plataforma para a difusión e creación sonora, ofrecerá do 25 ao 28 de maio no auditorio da Casa do Saber do Campus Terra da USC un ecléctico repertorio de concertos, audicións, obradoiros de electroacústica e arte sonora, e unha intervención sonora final con membros do Grupo de Creación Sonora da USC (GCSUS) e outros artistas convidados.

 

A nova edición de ‘Sons Creativos’, un programa organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural e impulsado desde os seus comezos polo Grupo de Creación Sonora da USC (GCSUS), está dirixida este ano por Inmaculada Cárdenas e Xoán Xil López.  Este programa constitúe unha decidida aposta por difundir e achegar ao público dúas formas de creación sonora pouco habituais, tales como son a electroacústica e a arte sonora.

 

Inmaculada Cárdena, Mónica Álvarez e Diego Ventoso abrirán o 25 de maio a quenda de concertos ao vivo, ás 20.30 horas, no auditorio da Casa do Saber. O compositor Juan Antonio Lleó actuará ao día seguinte neste mesmo escenario, que acubillará o 27 de maio a Llorenç Barber e Montserrat Palacios. Todos os concertos estarán precedidos por sesións de escoita de obras acusmáticas.

 

Aberta a inscrición no programa de obradoiros complementarios

A USC mantén aberto o prazo de matrícula nos obradoiros de informática musical e dominio de voz que se desenvolverán os días 26 e 27  de maio no auditorio da Casa do Saber de Lugo no marco da novena edición do programa de música experimental e electroacúsica ‘Sons Creativos’.

 

O obradoiro ‘Estratexias disruptivas na creación electroacústica e audiovisual’, guiado e impartido polo compositor e artista multimedia Antonio Lleó, constitúe unha proposta formativa orientada a achegar ao alumnado un plan para afrontar un proceso de creación artística. Asemade, Montserrat Palacios e Llorenç Barber impartirán tamén o 27 de maio en quenda de tarde, de 16.30 a 19.30 horas, un obradoiro de improvisación e performance. As persoas interesadas en tomar parte nestas actividades poderán inscribirse ata o 25 de maio nas oficinas de Cultura da Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo. Pódese obter máis información ao respecto a través do número de teléfono 982 821 513.

 

Unha das novidades incluídas este ano entre as actividades complementarias da programación do ‘ IX Sons Creativos’ vén dada pola oferta dun obradoiro de música electrónica con materiais cotiás dirixido á mocidade de entre 11 e 18 anos interesada en coñecer a música electrónica desde a súa raíz. Este  programa, que estará impartido por Mateo Mena, desenvolverase o 27 de maio en quenda de mañá, de 11.00 a 14.30 horas. A inscrición neste obradoiro para público preuniversitario é gratuíta, mentres que as taxas da matrícula nos outros dous talleres é de 15 euros, 10 euros para membros da comunidade universitaria.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.