Skip to main content

Belén Lombao, mellor expediente do Mestrado Universitario en Dirección de Empresas do Campus Terra da USC: “O concepto interdisciplinar é a semente perfecta para a creatividade e a innovación”

Belén Lombao, mejor expediente del Máster Universitario en Dirección de Empresas del Campus Terra de la USC: “El concepto interdisciplinar es la semilla perfecta para la creatividad y la innovación”
Belén Lombao, mejor expediente del Máster Universitario en Dirección de Empresas del Campus Terra de la USC: “El concepto interdisciplinar es la semilla perfecta para la creatividad y la innovación”
Belén Lombao acaba de recoller o premio académico ao mellor expediente do Mestrado Universitario en Dirección de Empresas do ano académico 2015-16. Por iso, dende o Campus Terra quixemos felicitala e...
Lugo

Belén Lombao acaba de recoller o premio académico ao mellor expediente do Mestrado Universitario en Dirección de Empresas do ano académico 2015-16. Por iso, dende o Campus Terra quixemos felicitala e descubrir cales son os seus proxectos de futuro.

 

Campus Terra (C.T.): Que valoración fas da formación recibida no Campus Terra?

Belén Lombao (B.L.): A formación que recibín no Campus Terra co mestrado deume unha visión máis profunda do que aprendín no grao, tiven a inmensa fortuna de contar cuns compañeiros realmente bos que procedían de disciplinas totalmente distintas á miña que me achegaron xeitos diferentes de ver as cousas e reformularme as que consideraba inamovibles, facendo un conxunto realmente sinérxico. Gustoume especialmente a orientación a habilidades como o traballo en equipo e a liberdade que tivemos para ser creativos. O meu balance é moi positivo.

 

C.T.: Como pensas que vai incidir no teu futuro profesional?

B.L.: Penso que o mestrado abrirame portas, non só no eido académico senón como elemento diferenciador, aínda que cada vez é máis normal atoparse con xente con varios mestrados. Valoro moito as capacitacións transversais adquiridas que poden trasladarse a moitas disciplinas, e incluso a nivel persoal, como a habilidade  de falar en público, o sentido crítico, a creatividade, o traballo en equipo e moitas máis.

 

C.T.: Cales son os teus proxectos laborais a curto e longo prazo?

B.L.: Actualmente atópome co traballo fin de grao (entrei no máster pola diplomatura) na materia de custos aplicada a alfareiría tradicional galega xa que procedo de familia alfareira. Tamén estudo inglés e francés. Inicieime no Programa Actívate de Google, para profundar no marketing dixital, que me gusta moito, e estou na procura activa de traballo para o que, unha vez máis, usarei as ferramentas do Campus Terra coas xornadas de empregabilidade nas que estou a descubrir cousas que non sabía.

 

C.T.: Como valoras a creación dun campus especializado como é o Campus Terra que aborde o concepto Terra dende unha perspectiva interdisciplinar que abarca todas as áreas de coñecemento?

B.L.: Baixo a miña perspectiva, o concepto interdisciplinar é a semente perfecta para a creatividade e a innovación onde poden xurdir sinerxías únicas. Penso que o coñecemento non ten sentido se está estancado, o seu sentido xorde cando podes poñelo na práctica, e aí unha única disciplina nesga a visión. Paréceme enriquecedor a mestura interdisciplinar porque todo está conectado.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.