Skip to main content

O Campus Terra forma aos seus estudantes e titulados no uso de habilidades comunicativas para atopar emprego

El Campus Terra forma a sus estudiantes y titulados en el uso de habilidades comunicativas para encontrar empleo
El Campus Terra forma a sus estudiantes y titulados en el uso de habilidades comunicativas para encontrar empleo
A aula e-TERRA da Biblioteca Intercentros acollerá o seminario "Competencias profesionais para universitarios/as: habilidades de comunicación" no que os e as asistentes recibirán pautas sobre como...
Lugo

A aula e-TERRA da Biblioteca Intercentros acollerá o seminario "Competencias profesionais para universitarios/as: habilidades de comunicación" no que os e as asistentes recibirán pautas sobre como falar en público, dominar as conversacións cara a cara, disertar ante audiencias e facer unha exposición de produto e/ou servizo. Nesta xornada ensinarase a comunicar con soltura na distancia curta para transmitir unha mensaxe óptima e sen estridencias nun espazo reducido e próximo.

 

Esta sesión, que forma parte do programa de formación para a empregabilidade do Campus Terra, será impartida por Modesto Gómez, profesional que leva anos traballando como responsable de recursos humanos en diversas empresas e institucións. Gómez é autor de libros económicos, contos, publicacións paisaxísticas e máis de 300 artigos para prensa e medios técnicos de comunicación. Como formador, leva máis de 10 anos impartindo cursos de márketing, habilidades socio-directivas e desenvolvemento estratéxico. Desde 2008 é formador nacional da Fundación Incyde de Cámaras de Comercio de España. 

 

Os interesados e interesadas deben formalizar a súa inscrición, aberta e de balde para estudantes e titulados no Campus Terra, enviando un mail cos seus datos persoais a emprego.lugo [at] usc.es (emprego[dot]lugo[at]usc[dot]es) e poñendo no asunto do mail "Competencias profesionais para universitarios/as: habilidades de comunicación". A data da xornada publicarase nos vindeiros días. 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.