Skip to main content

Juan Viaño reforza as colaboracións en Brasil co Instituto Cervantes

Juan Viaño refuerza las colaboraciones en Brasil con el Instituto Cervantes
Juan Viaño refuerza las colaboraciones en Brasil con el Instituto Cervantes
O reitor da USC, Juan Viaño, de visita institucional en Brasil, reuniuse este luns co director do Instituto Cervantes de Río de Janeiro, Óscar Pujol Riembau. O encontro enmárcase na longa e estreita...
Lugo

O reitor da USC, Juan Viaño, de visita institucional en Brasil, reuniuse este luns co director do Instituto Cervantes de Río de Janeiro, Óscar Pujol Riembau. O encontro enmárcase na longa e estreita colaboración mantida con esa institución a través da Oficina de Cursos Internacionais da USC.

 

Dada a gran popularidade do Camiño de Santiago en Brasil, Cursos Internacionais-USC leva a cabo dende 2008 no Instituto Cervantes de Rio de Janeiro, pero tamén nos de Sao Paulo, Brasilia, Curitiba, Porto Alegre, Florianópolis e Salvador de Bahía, diferentes accións formativas co fío condutor do Camiño.

 

Profesores especialistas da USC, de Cursos Internacionais–USC e técnicos de Xacobeo imparten conferencias, talleres para docentes e cursos de temática xacobea dirixidos ao alumnado dos Institutos Cervantes, á comunidade universitaria en xeral e aos membros das asociacións de peregrinos de Brasil. Con eles trátase de divulgar a oferta académica da USC e presentar os programas de lingua española e do Camiño de Santiago organizados por Cursos Internacionais-USC. Para desenvolver estas accións cóntase co apoio da Axencia de Turismo de Galicia.

 

Ademais, esta colaboración permitiu ao longo destes nove anos tecer unha estreita rede non só co Instituto Cervantes senón tamén coa Embaixada de España en Brasil, as universidades brasileiras (Brasilia, Federal da Bahia, Estadual do Río de Janeiro, Fortaleza e Pontifica Católica de Rio), as asociacións de amigos de peregrinos de Brasil (AACS) e as súas delegacións rexionais (Associação de Confrades e Amigos do Caminho de Santiago de São Paulo; Confradia do Glorioso Apóstolo Santiago do Rio de Janeiro, Instituto Caminho do Sol, Curitigrinos, Associaçao dos amigos do Caminho de Santiago do Río Grande do Sul) e centros culturais de orixe galego como a Casa de España de Río de Janeiro ou a Asociación Cultural Caballeros de Santiago de Bahía.

 

Brasilia Sem Fronteiras

O prestixio académico e institucional alcanzado pola USC en Brasil fixo posible que en 2014 fose elixida polo Goberno do Distrito Federal como sede para desenvolver en España o ambicioso programa Brasilia Sem Fronteiras. De feito, entre agosto e setembro de 2014 un total de 121 alumnos e 10 monitores brasileiros participaron no Curso de lengua y cultura española, emprendimiento y liderazgo organizado por Cursos Internacionais da USC.

 

O curso, de 4 semanas de duración e 160 horas lectivas, combinou clases de lingua e cultura española coa formación e capacitación para o emprendemento e liderado, e incluía o recorrido dun tramo do Camiño e a visita a empresas galegas innovadoras.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.