Skip to main content

Exposición Escondida da USC chega á cidade de Lugo

Exposición Escondida de la USC llega a la ciudad de Lugo
Exposición Escondida de la USC llega a la ciudad de Lugo
A última acción artística do alumnado da Facultade de Ciencias da Educación en Santiago de Compostela, dentro da materia Educación Visual e Plástica II, pode contemplarse dende esta semana en...
Lugo

A última acción artística do alumnado da Facultade de Ciencias da Educación en Santiago de Compostela, dentro da materia Educación Visual e Plástica II, pode contemplarse dende esta semana en distintos puntos da cidade de Lugo. Exposición escondida é unha acción artística colectiva executada por futuros docentes de primaria que pretenden establecer un diálogo coa súa realidade máis próxima, exhibindo distintas pezas artísticas agochadas en puntos diferentes da xeografía rural e urbana galega.

 

As obras atópanse tan integradas na natureza que as rodea que resulta indispensable agudizar a mirada para poder identificalas. "Esta exposición ten lugar ao mesmo tempo pero dun xeito expandido en diferentes lugares da xeografía galega, non só nas grandes cidades, senón tamén en pequenas vilas e aldeas do rural onde moitos dos creadores-alumnos residen. A partir de intervencións mínimas, buscan atopar a máxima potencia poética para sorprender e emocionar", afirma a profesora da USC e responsable da materia, Olalla Cortizas.

 

A través da rede social Instagram e co hashtag #exposicionescondida pode accederse á totalidade de obras.

 

Escoita a cidade de Abraham Felpeto

Escoita a cidade de Abraham Felpeto

 

Concretamente, na cidade de Lugo é posible contemplar as pezas Escoita a cidade de Abraham Felpeto e Apagamos a terra? de Adara López, ambas as dúas no Parque da Milagrosa. "O visitante atopará a obra colgada dunha árbore, onde será invitado a tapar os ollos co antifaz e activar o seu sentido auditivo. Todos os visitantes poden anotar na folla a súa experiencia e compartila", afirma Abraham sobre a súa creación.

 

Apagamos a terra? de Adara López

 

Pola súa parte, a obra de Adara López pretende poñer énfase no feito de que "numerosas organizacións internacionais estánnos a informar das terribles consecuencias que suporán para o noso futuro como habitantes do planeta, o excesivo consumo enerxértico do que facemos uso".  

The contents of this page were updated on 02.25.2022.