O prazo para inscribirse no Espazo de Cine do Campus Terra remata o 7 de febreiro
A área de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela no Campus Terra mantén aberto ata o 7 de febreiro ou ata cubrir o número de prazas por rigorosa orde de inscrición, o prazo de matrícula...
Lugo
A área de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela no Campus Terra mantén aberto ata o 7 de febreiro ou ata cubrir o número de prazas por rigorosa orde de inscrición, o prazo de matrícula para o 2º Monográfico de Cine. Este módulo nace coa intención de consolidar un espazo universitario para os amantes do cine e do audiovisual en xeral coa intención de formar un grupo de creación estable.
O curso, dotado con 15 prazas, será impartido polos socios da produtora Gaitafilmes, Andrés Goteira e Suso López. No transcurso do mesmo, haberá espazo para a análise fílmica, a escritura do guión cinematográfico, así como a difusión dos proxectos en concursos e festivais.
Consulta aquí o programa completo