Permanece aberto o prazo de inscrición no D3Mobile do Campus Terra
O campionato científico escolar do Campus Terra D3Mobile Metrology World League 2017 converte á USC na primeira universidade que aposta polo modelado 3D como vía para difundir e dar a coñecer o labor...
Lugo
O campionato científico escolar do Campus Terra D3Mobile Metrology World League 2017 converte á USC na primeira universidade que aposta polo modelado 3D como vía para difundir e dar a coñecer o labor científico que desenvolven os seus grupos de investigación. O D3Mobile é un certame de modelado 3D de precisión con teléfono móbil ou tablet que organiza o grupo USCAN3D da USC e que abriu recentemente a súa quinta edición. A inscrición, dirixida a estudantes de entre 12 e 18 anos, permanece aberta ata o 14 de marzo de 2017.