Investigadores do Campus Terra desenvolven o primeiro estudo de carácter clínico do coello como mascota
A tese de doutoramento ‘Manexo e exploración do coello (oryctolagus cuniculus) como mascota’, unha investigación dirixida polos profesores da USC José Luis Benedito e Cristina Castillo, así como por...
Lugo
A tese de doutoramento ‘Manexo e exploración do coello (oryctolagus cuniculus) como mascota’, unha investigación dirixida polos profesores da USC José Luis Benedito e Cristina Castillo, así como por Mario Cipone, da Universidade de Boloña, que vén de presentar José Miguel Chapel na Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC, constitúe o primeiro estudo de carácter clínico que se fai sobre o coello como mascota.