Skip to main content

O Campus Terra da USC expón a súa oferta académica en NaturaLugo

El Campus Terra de la USC expone su oferta académica en NaturaLugo
El Campus Terra de la USC expone su oferta académica en NaturaLugo
O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acolle dende este xoves a I Feira Agroecolóxica NaturaLugo na que o Campus Terra participa cun espazo expositor no que pode obterse información sobre a súa oferta...
Lugo

O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acolle dende este xoves a I Feira Agroecolóxica NaturaLugo na que o Campus Terra participa cun espazo expositor no que pode obterse información sobre a súa oferta académica de grao, máster e doutoramento. Na sesión inaugural, estivo presente o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno Lema; así como a alcaldesa da cidade, Lara Méndez; e a deputada provincial Sonsoles López Izquierdo; quenes fixeron un percorrido por toda a feira, deténdose para asistir a unha proxección do grupo de investigación Proxectos e Planificación (Proepla) do departamento de Enxeñaría Agroforestal da Escola Politécnica Superior.

 

Ata o 24 de setembro, os asistentes que visiten o stand do Campus Terra poderán, obter información sobre a Aula de Produtos Lácteos ou o Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural. Asemade, unha pérgola creada pola Plataforma da Madeira Estrutural (Pemade) ocupa o lugar central do recinto. 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.