Skip to main content

O grupo Proepla do Campus Terra da USC guía un voo de dron sobre 57 hectáreas de viñedo da Adega Lagar de Cervera

El grupo Proepla del Campus Terra de la USC guía un vuelo de dron sobre 57 hectáreas de viñedo de la Adega Lagar de Cervera
El grupo Proepla del Campus Terra de la USC guía un vuelo de dron sobre 57 hectáreas de viñedo de la Adega Lagar de Cervera
O grupo de investigación Proxectos e Planificación (Proepla) do Campus Terra da USC guiará este xoves 11 de agosto un voo de dron sobre as 57 hectáreas dos viñedos da variedade Albariño da Adega...
Lugo

O grupo de investigación Proxectos e Planificación (Proepla) do Campus Terra da USC guiará este xoves 11 de agosto un voo de dron sobre as 57 hectáreas dos viñedos da variedade Albariño da Adega Lagar de Cervera, ligada  ao Grupo Comercializadora Rioxa Alta. Os preparativos do voo, que se encadra dentro das actividades de investigación programadas ao abeiro do proxecto VinySost comezarán sobre as 12.00 horas e terán unha duración aproximada dunhas tres horas, entre as 12.30 e 15.30  horas, aproximadamente.

 

A realización deste voo sobre os viñedos da Adega Lagar de Cervera permitirán a captación de imaxes térmicas e imaxes multiespectrais, unha documentción visual que permitirá logo definir o estado hídrico do viñedo, así como o seu vigor e expresión vexetativa, tras o procesado de diversos índices de vexetación como o PCD, NDVI,...

 

A información obtida no voo permitirá ao grupo de investigadores do Campus Terra da USC (GI-1716 Proepla), un equipo coordinado polo enxeñeiro Agrónomo Javier J. Cancela, desenvolver unha ferramenta informática que permita xestionar en tempo real a rega e o abonado en grandes superficies de viñedo.  “Esta  ferramenta informática emprega a información adquirida mediante o dron, equipado con cámaras multiespectrais e térmicas, así como datos de sensores instalados en viñedo que toman medidas en continuo, durante toda a campaña, ademais de información medida in situ cunha periocidade quincenal durante as etapas críticas da viña”, explicou Cancela.

 

O proxecto Vinysost constitú un programa de I+d orientado a mellorar a calidade e a competitividade dos viños españois mediante a xestión sustentable da produción en grandes viñedos, a fin de dar resposta así aos grandes retos que afronta o sector vitivinícola español. Trátase dun programa consorciado que conta cun orzamento de preto de 7,5 millóns de euros e que recibe máis de seis millóns de euros de fondos Feder da Unión Europeo e do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial a través do Programa Operativo plurirrexional de Crecemento Intelixente 2014-2020 no marco do Programa Estratéxico de Consorcios de Investigación Empresarial Nacional (CIEN).

 

O punto de encontro para a posterior celebración do voo sobre os viñedos será nas instalacións da propia Adega Lagar de Cervera, con sede en Estrada de Loureza, 86, en O Rosal, Pontevedra. A comitiva desprazarse despois ata o viñedo.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.