Skip to main content

O embaixador de Portugal coñece a actividade docente e investigadora de Filoloxía

João Mira-Gomes e Elias J. Feijó Torres
João Mira-Gomes e Elias J. Feijó Torres
Na súa visita mantivo diversos encontros con profesorado e alumnado do centro para coñecer de primeira man as iniciativas promovidas no ámbito da lusofonía
Santiago de Compostela

A Facultade de Filoloxía recibiu a visita do embaixador de Portugal en España, João Mira-Gomes, onde mantivo diversos encontros con representantes da comunidade do centro. Logo de ser recibido polo decano Elias J. Feijó Torres, o embaixador participou nunha xuntanza con alumnado e profesorado do centro para coñecer as distintas actividades que esta Facultade promove no ámbito dos estudos lusófonos.

A visita permitiulle coñecer a oferta docente oficial, tanto de grao, mestrado e doutoramento, como toda a oferta que esta Facultade desenvolve no ámbito lusófono tanto no relativo á programación cultural como ao desenvolvemento de investigación aplicada a través, por exemplo, dos grupos de análise de aspectos lingüísticos e literarios na lusofonía ou o de estudos dos sistemas culturais galego, luso, brasileiro e africanos de lingua portuguesa.

 

A visita permitiulle coñecer a oferta docente oficial, tanto de grao, mestrado e doutoramento, como toda a oferta que esta Facultade desenvolve no ámbito lusófono
A visita permitiulle coñecer a oferta docente oficial, tanto de grao, mestrado e doutoramento, como toda a oferta que esta Facultade desenvolve no ámbito lusófono
The contents of this page were updated on 03.23.2022.