03.31.2022 | 09.45h
Santiago de Compostela
Relatorio do Premio Nobel de Química 2021 no Simposio 'Chemistry at the Frontier' do CiQUS
David W.C. MacMillan, investigador galardoado en 2021 con Premio Nobel de Química, intervirá no Simposio Chemistry at the Frontier, un evento organizado polo Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares con motivo do seu décimo aniversario.
O 31 de marzo ás 09.45 horas, o profesor da Universidade de Princeton ofrecerá no Auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura o relatorio 'New Reactions of Value to Chemists and Biologists', unha conferencia que tamén se enmarca no ciclo conmemorativo do Centenario de estudos en Química da USC.