Ir o contido principal

Centenario de estudos en Química da USC

Conferencia de David MacMillan: 'New Reactions of Value to Chemists and Biologists'

31.03.2022 | 09.45h

Edificio Fontán. Cidade da Cultura
Santiago de Compostela

Relatorio do Premio Nobel de Química 2021 no Simposio 'Chemistry at the Frontier' do CiQUS

David MacMillan. FOTO: Princeton
David MacMillan. FOTO: Princeton

David W.C. MacMillan, investigador galardoado en 2021 con Premio Nobel de Química, intervirá no Simposio Chemistry at  the  Frontier, un evento organizado polo Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares con motivo do seu décimo aniversario. 

O 31 de marzo ás 09.45 horas, o profesor da Universidade de Princeton ofrecerá no Auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura o relatorio 'New Reactions of Value to Chemists and Biologists', unha conferencia que tamén se enmarca no ciclo conmemorativo do Centenario de estudos en Química da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.03.2022.