Skip to main content

O uso de pizarra na liña de cultivo da vide optimiza a eficiencia hídrica, segundo unha investigación da EPS de Enxeñaría

Equipo investigador da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra USC
Equipo investigador da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra USC
Un proxecto sobre manexo hídrico de vides realizado en Quiroga por investigadores dos grupos PROePLA e AMGeo da USC integrados na unidade CropQuality, asociada ao CSIC e ao Instituto de Ciencias da Vide e do Viño da Rioxa, revela que a rega non incide negativamente na calidade nin na produtividade da uva Mencía, e valida o seu cultivo en secano combinado co uso de pizarra
Lugo

O emprego de pizarra na liña de cultivo das vides permite optimizar a eficiencia na xestión dos recursos hídricos do terreo por parte da planta, minimiza o efecto da rega, que non incide na produtividade nin na calidade da uva, ao tempo que valida a alternativa da produción en secano, segundo se desprende das conclusións dun proxecto desenvolvido en Quiroga polos investigadores dos grupos PROePLA e Aemegeo da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra USC integrados na unidade CropQuality, asociada ao CSIC e ao Instituto de Ciencias da Vide e do Viño da Rioxa.

O estudo, financiado polo Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria (INIA) e no que participaron os profesores Jorge Dafonte, Teresa Teijeiro; Javier J. Cancela (PROePLA) e Xesús Pablo González (AMGeo) permitiu determinar os efectos de diferentes réximes hídricos sobre os compoñentes do rendemento e a composición química da uva tinta Mencía cultivada en Galicia, logo de avaliar os efectos da rega e o seu posible impacto na actual conxuntura de cambio climático.

Unha das conclusións neste proxecto salienta que a produción e o cultivo de viñedo en secano constitúe unha alternativa de manexo sustentable, xa que a produción das colleitas e a calidade da uva obtivas son semellantes ás rexistradas cun regadío do 30 % de ETo desde o envero ata vendimia, especialmente en condiciones de clima temperado, como é o caso de Galicia.

A investigación desenvolvida ao abeiro deste proxecto permite determinar que unha maior rega ao longo do tempo (regar ao 30 % desde o tamaño guisante ata a vendimia e na mesma porcentaxe durante todo o ciclo vexetativo) non mellora os resultados produtivos, a pesar de que implica o consumo dunha maior cantidade de auga. Doutra banda, os investigadores detectaron que este tratamento hídrico afecta ao ácido málico, a acidez total, aos aminoácidos libres (FAN) e ao nitróxeno asimilable de levadura (YAN).

O réxime hídrico aplicado no ensaio realizado na Ribeira Sacra polo equipo da unidade CropQuality da USC asociada ao CSIC e ao Instituto de Ciencias da Vide e do Viño da Rioxa afectou tamén a diferentes grupos de volátiles, ésteres, acetatos e ácidos volátiles, mentras que a añada afectou a todas as familias químicas de compostos volátiles, con excepción dos compostos C6. Fronte a estas alteracións, a investigación precisa que o emprego de pequenas cantidades de auga de rega podería acadar a estabilidade produtiva, tanto no plano cualitativo como produtivo.

Técnicas fronte ao cambio climático

Outras técnicas de adaptación ao cambio climático, tal e como son o manexo do cultivo como a cuberta vexetal ou o desfollado, tanto precoz como na fase de maduración das baias, deberían estudiarse en combinación coa rega deficitaria, apuntan desde a unidade CropQuality da USC, un equipo de investigación que convida a máis investigadores da USC a sumarse a esta liña de traballo.
Outras das recomendacións feitas por este equipo da USC poñen en valor a utilidade doutros sistemas de rega, como pode ser a rega por goteo soterrado, para evitar perdas de auga por evaporación en relación coas técnicas de aporte hídrico en superficie. Este tipo de práticas reduciría a cantidade de auga requerida e aumentaría a eficiencia do seu uso, manteñen.

The contents of this page were updated on 12.21.2022.