O uso de pizarra na liña de cultivo da vide optimiza a eficiencia hídrica, segundo unha investigación da EPS de Enxeñaría
O emprego de pizarra na liña de cultivo das vides permite optimizar a eficiencia na xestión dos recursos hídricos do terreo por parte da planta, minimiza o efecto da rega, que non incide na produtividade nin na calidade da uva, ao tempo que valida a alternativa da produción en secano, segundo se desprende das conclusións dun proxecto desenvolvido en Quiroga polos investigadores dos grupos PROePLA e Aemegeo da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra USC integrados na unidade CropQuality, asociada ao CSIC e ao Instituto de Ciencias da Vide e do Viño da Rioxa.
O estudo, financiado polo Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria (INIA) e no que participaron os profesores Jorge Dafonte, Teresa Teijeiro; Javier J. Cancela (PROePLA) e Xesús Pablo González (AMGeo) permitiu determinar os efectos de diferentes réximes hídricos sobre os compoñentes do rendemento e a composición química da uva tinta Mencía cultivada en Galicia, logo de avaliar os efectos da rega e o seu posible impacto na actual conxuntura de cambio climático.
Unha das conclusións neste proxecto salienta que a produción e o cultivo de viñedo en secano constitúe unha alternativa de manexo sustentable, xa que a produción das colleitas e a calidade da uva obtivas son semellantes ás rexistradas cun regadío do 30 % de ETo desde o envero ata vendimia, especialmente en condiciones de clima temperado, como é o caso de Galicia.
A investigación desenvolvida ao abeiro deste proxecto permite determinar que unha maior rega ao longo do tempo (regar ao 30 % desde o tamaño guisante ata a vendimia e na mesma porcentaxe durante todo o ciclo vexetativo) non mellora os resultados produtivos, a pesar de que implica o consumo dunha maior cantidade de auga. Doutra banda, os investigadores detectaron que este tratamento hídrico afecta ao ácido málico, a acidez total, aos aminoácidos libres (FAN) e ao nitróxeno asimilable de levadura (YAN).
O réxime hídrico aplicado no ensaio realizado na Ribeira Sacra polo equipo da unidade CropQuality da USC asociada ao CSIC e ao Instituto de Ciencias da Vide e do Viño da Rioxa afectou tamén a diferentes grupos de volátiles, ésteres, acetatos e ácidos volátiles, mentras que a añada afectou a todas as familias químicas de compostos volátiles, con excepción dos compostos C6. Fronte a estas alteracións, a investigación precisa que o emprego de pequenas cantidades de auga de rega podería acadar a estabilidade produtiva, tanto no plano cualitativo como produtivo.
Técnicas fronte ao cambio climático
Outras técnicas de adaptación ao cambio climático, tal e como son o manexo do cultivo como a cuberta vexetal ou o desfollado, tanto precoz como na fase de maduración das baias, deberían estudiarse en combinación coa rega deficitaria, apuntan desde a unidade CropQuality da USC, un equipo de investigación que convida a máis investigadores da USC a sumarse a esta liña de traballo.
Outras das recomendacións feitas por este equipo da USC poñen en valor a utilidade doutros sistemas de rega, como pode ser a rega por goteo soterrado, para evitar perdas de auga por evaporación en relación coas técnicas de aporte hídrico en superficie. Este tipo de práticas reduciría a cantidade de auga requerida e aumentaría a eficiencia do seu uso, manteñen.