As charlas están dirixidas fundamentalmente ao estudantado de 1º e 2º de Bacharelato e de Ciclos Formativos Superiores, e excepcionalmente ao de 4º de ESO.
No curso 2024-25, o prazo de solicitude xa está aberto.
A presentación será presencial e só excepcionalmente poderá ser Online, mediante a plataforma MSTeams.
Priorizaranse os estudantes de 2º de Bacharelato. Poderase completar o aforo con estudantes de 1º de Bacharelato ou de 4º de ESO.
Estas charlas tamén se ofertan para as ANPAS ou calquera outro colectivo de nais e pais deste alumnado que o solicite.
Neste caso, o mellor é poñerse en contacto directamente co persoal do Programa “A Ponte” para concretar os detalles da visita.
Cada Charla Informativa terá unha duración mínima de 50 minutos, pero se se dispón de arredor de 90 minutos pódese incluír unha explicación breve sobre as probas ABAU e o acceso á universidade.
Formulario de solicitude: https://forms.office.com/e/Z3Zu1gq4Yn
Unidade de xestión do Programa A Ponte
- Students Pavilion
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- 881 814 576
- aponte [at] usc.gal