Pasar al contenido principal
O programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC” inclúe entre as súas actividades as “Visitas da USC aos Centros de Ensino Medio de Galicia” para presentar ao seu alumnado a nosa Universidade mediante charlas informativas que levarán a cabo un equipo de colaboradores do Programa A Ponte da USC. Cando é posible, nestas presentacións participan ex-alumnos/as do centro. O programa A Ponte ponse en contacto con eles para ver a súa dispoñibilidade.

As charlas están dirixidas fundamentalmente ao estudantado de 1º e 2º de Bacharelato e de Ciclos Formativos Superiores, e excepcionalmente ao de 4º de ESO.  

No curso 2024-25, o  prazo de solicitude xa está aberto.

A presentación será presencial e só excepcionalmente poderá ser Online, mediante a plataforma MSTeams.

Priorizaranse os estudantes de 2º de Bacharelato. Poderase completar o aforo con estudantes de 1º de Bacharelato ou de 4º de ESO.

Estas charlas tamén se ofertan para as ANPAS ou calquera outro colectivo de nais e pais deste alumnado que o solicite.

Neste caso, o mellor é poñerse en contacto directamente co persoal do Programa “A Ponte” para concretar os detalles da visita. 

Cada Charla Informativa terá unha duración mínima de 50 minutos, pero se se dispón de arredor de 90 minutos pódese incluír unha explicación breve sobre as probas ABAU e o acceso á universidade.

Formulario de solicitude: https://forms.office.com/e/Z3Zu1gq4Yn

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.10.2024.