O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, FECYT, organizan cada ano os Campus Científicos de Verán. Trátase dun campamento de verán para xoves de 4º de Ensino Secundaria obrigatorio e 1ª de Bacharelato no que teñen a oportunidade de sumarse a un proxecto de investigación xunto a científicos en universidades de toda España.
Nesta edición de 2019 a FECYT financia 13 CCV en universidades con Campus de Excelencia Internacional.
O Campus Científico de Verán da USC oferta catro proxectos aos que se incorporarán un total de 120 estudantes, 30 estudantes en cada un dos catro turnos de 7 días de duración, entre o 2 e o 27 de xullo.
Os 30 estudantes de cada turno repartiranse entre os catro proxectos que a USC pon a súa disposición:
- ¿Cómo eliminar a contaminación da auga? Atrévete a investigar e innovar no laboratorio
- MathematiCSI: Mathematical Scene lnvestigation
- A maxia dos hidroxeles intelixentes
- Buscando Partículas no Maior Acelerador da Historia. LHC
Mais información
Solicitudes
https://www.campuscientificos.es/instrucciones
Neste vídeo, algúns dos participantes da edición 2017 contan a súa experiencia e as súas aspiracións científicas de cara ó futuro.
Unidade de xestión do Programa A Ponte
- Students Pavilion
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- 881 814 576
- aponte [at] usc.gal