Ir o contido principal
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, FECYT, organizan cada ano os Campus Científicos de Verán. Trátase dun campamento de verán para xoves de 4º de Ensino Secundaria obrigatorio e 1ª de Bacharelato no que teñen a oportunidade de sumarse a un proxecto de investigación xunto a científicos en universidades de toda España.

Nesta edición de 2019 a FECYT financia 13 CCV en universidades con Campus de Excelencia Internacional.

O Campus Científico de Verán da USC oferta catro proxectos aos que se incorporarán un total de 120 estudantes, 30 estudantes en cada un dos catro turnos de 7 días de duración, entre o 2 e o 27 de xullo.

Os 30 estudantes de cada turno repartiranse entre os catro proxectos que a USC pon a súa disposición:

  • ¿Cómo eliminar a contaminación da auga? Atrévete a investigar e innovar no laboratorio
  • MathematiCSI: Mathematical Scene lnvestigation
  • A maxia dos hidroxeles intelixentes
  • Buscando Partículas no Maior Acelerador da Historia. LHC

 

Mais información 

https://www.campamentos.info/Noticias/campus-cientificos-de-verano-2019-con-ayudas-del-ministerio-de-educacion

Solicitudes

 https://www.campuscientificos.es/instrucciones

Neste vídeo, algúns dos participantes da edición 2017 contan a súa experiencia e as súas aspiracións científicas de cara ó futuro.

https://www.youtube.com/watch?v=oqsOqxYNiaI

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.03.2023.