Cando a homologación dun título estranxeiro quede condicionada polo Ministerio á previa superación de requisitos formativos complementarios, os interesados poderán solicitar a superación de todos ou parte deles na USC.
Co obxectivo de emendar as carencias formativas advertidas na formación do alumnado que cursara unha titulación estranxeira, os requisitos formativos complementarios poderán consistir en:
- Superación dunha proba de aptitude
- Realización dun período de prácticas
- Realización dun proxecto ou traballo
- Superación de cursos tutelados
Para a homologación do Grao en Odontoloxía realizarase unha proba de aptitude seguindo o procedemento e prazos establecidos pola CRADO.
O alumnado que desexe cursar todos ou parte dos complementos formativos na USC deberá presentar a solicitude a través da Sede Electrónica acompañada da resolución definitiva ditada polo Ministerio nos prazos que estableza a convocatoria de matrícula.
Servizo de Xestión Académica
- Servizo de Xestión Académica. Pavillón Estudantil
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- 881 814 530
- 881 814 531
- 981 595 117 (Fax)
- sxa [at] usc.gal