O Espazo Europeo de Enseñanza Superior e as súas directrices de garantías de calidade esixen a incorporación de Plans de Acción Titorial (PAT) nas titulacións de Grao. A finalidade destes plans é poder garantir aos estudantes o exercicio do seu dereito a recibir apoio e orientación titorial no transcurso da súa formación académica. Asemade, a USC conta cun programa de acción titorial extraordinario e, a través do programa A Ponte, desenvolve un cursos de formación de alumnos e alumnas titores.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.04.2022.