O programa de titores é unha acción formativa vinculada á iniciativa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC.
O programa ten un recoñecemento de seis créditos e para poder participar os alumnos e alumnas deberán ter superado, como mínimo, 60 créditos.
As solicitudes, dirixidas ao Decano/a ou ao Director/a, presentaranse nos decanatos ou direccións dos centros. O prazo de solicitude vai do 4 de febreiro ao 21 de febreiro de 2022.
Desenvólvese ao longo de dous cursos académicos:
- Un primeiro curso teórico no que se dá información completa sobre a USC e fórmase ao alumnado nas técnicas precisas para poder orientar aos estudantes de novo ingreso na USC.
- No segundo curso, o alumnado dá acollida os estudantes de novo ingreso exercendo de titor durante todo o ano académico, colabora na difusión da USC nos centros de ensino medio de Galicia, nas visitas guiadas que o alumnado de secundaria realiza ás instalacións de USC e noutras actividades relacionadas co ensino medio.
As clases do primeiro curso son do día 7 de marzo ao 24 de marzo, de luns a xoves, en horario de 20: 15 a 21:45 horas.
No Campus de Santiago terán lugar no Salón de Actos da Facultade de Dereito e no Campus de Lugo na aula 3 da Facultade de ADE.