A solicitude de novas admisións nos estudos xestionados pola Escola de Doutoramento Internacional da USC realizarase a través da Secretaría Virtual.
O alumnado debe cubrir os datos persoais e de acceso da solicitude de admisión, incluíndo na mesma o documento de identidade e copia da titulación de acceso e, de ser o caso, achegará os documentos adicionais e específicos que se lle esixan por parte do programa de doutoramento no que solicita a admisión.
Consulta máis información sobre admisión, requisitos, equivalencia, completmentos formativos e procedementos na web da USC: