Skip to main content

91. Outra vez ás voltas coas doenzas: a candidíase

Un idioma preciso

Un dos aspectos nos que as normas ortográficas do galego son máis sistemáticas e presentan unha maior congruencia interna é na adaptación de formantes cultos de orixe grega ou latina.

Polo xeral, séguese o principio de respectar a posición do acento na lingua emprestadora, e tamén se ten en conta a escolla realizada polo portugués. Isto é o que explica que, por exemplo, formas como aerólitoelectrólitomegálitonefrólito… sexan esdrúxulas en galego.

Polas mesmas razóns, é case sistemático o emprego do sufixo -íase (e non -iase) na denominación de enfermidades provocadas por parasitos ou bacterias (acaríaseamebíasebartonelíasedistomíaseenterobíasefasciolíaseporocefalíase…)[1], respectando á vez a acentuación orixinal do sufixo e a harmonización co portugués.[2]

Por iso mesmo, non parece lóxico que *candidiase sexa a forma recomendada en galego para designar a ‘infección producida por fungos do xénero Candida –fundamentalmente Candida albicans­– que afecta especialmente algunhas zonas mucosas do organismo’, por moito que esta figure recollida nun dicionario avalado pola revisión da Real Academia Galega. O esperable sería que se aconsellase o emprego de candidíase, en consonancia coas formas arriba indicadas, co portugués candidíase e co inglés candidiasis.[3]

Outra alternativa válida pode ser candidose, seguindo as recomendacións da Asociación Mundial para o Progreso da Parasitoloxía Veterinaria e do Consello da Federación Mundial de Parasitólogos, que aconsellan o emprego de -osis (en galego -ose) para a denominación das doenzas parasitarias. Deste xeito evitaríase a vacilación entre -asis, -iasis e –osis (-ase, -íase e –ose entre nós), provocada pola non-aplicación da recomendación de reservar –íase para as doenzas con nome de orixe grega e –ose para as de orixe latina.

Xa que logo, o noso consellodesta quincena é evitar o emprego de *candidiase (e en xeral, do sufixo -iase con acentuación sobre o -a- na denominación de doenzas parasitarias). No seu canto, as formas máis acaídas referirse a esta enfermidade serían candidose ou candidíase.

 

----------------------------------

[1] É tamén moi frecuente que denominacións rematadas en -ose (bartonelosefascioloseporocefalose…) se empreguen como sinónimos das anteriores.

[2] Mentres que o castelán tende a pronunciar estas formas como graves (acariasisamebiasisenterobiasis…e e e e e e e e e e ) o inglés tamén marca a tonicidade na vogal inicial do sufixo (acariasisamebiasisenterobiasis…) .

[3] En castelán emprégase candidiasis.

The contents of this page were updated on 11.16.2023.