58. Diáclases, plaxioclasios e outros cultismos con -klastós
O elemento grego -klastós (que significaba ‘rotura’ ou ‘fragmento’) vénse empregando nas linguas occidentais como formante culto na creación de termos que teñen como trazo significativo esa idea de ‘ruptura’.
Así emprégase:
- Para darlle nome a instrumentos médicos que serven para romper estruturas duras do organismo, baixo a forma -clasto [EN: -clast; PT: -clasto; ES: -clasto]: cranioclasto, litoclasto, osteoclasto…
- Para designar diferentes tipos de células que teñen en común a capacidade de atacar e destruír determinados tecidos, tamén coa mesma forma -clasto: cementoclasto, condroclasto, odontoclasto, osteoclasto…
- Aínda coa mesma forma, para referirse en xeoloxía a fragmentos de rocha creados pola acción de axentes físicos: clasto, piroclasto…
- Para nomear en xeoloxía diferentes tipos de fractura, normalmente con denominacións rematadas en -´clase: diáclase, litóclase (VOLG, Gran Xerais…) ou catáclase[1] (Diccionario das ciencias da natureza e da saúde).
Formas semellantes son tamén empregadas polo portugués (catáclase, diáclase, litóclase…u u u u u u u u u u )[2], o inglés (cataclasis, diaclasis, lithoclase…r r r r r r r l l l ) e o castelán (cataclasis, diaclasa, litoclasa…e e e e e e e e e e ). Nas tres linguas é tamén posible percibir irregularidades denominativas moi semellantes ás que indicamos en galego na nota anterior. - Tamén en xeoloxía, para designar algúns minerais do grupo dos feldespatos.
Se nos casos anteriores había unha alta unanimidade á hora de elixir a forma que adoptaba o -klastós grego, neste caso os traballos galegos optan por liñas diverxentes:
- O Vocabulario de ciencias naturais e o Gran diccionario Xerais recomendan o emprego de -clasa (anortoclasa, oligoclasa, ortoclasa, plaxioclasa) que é o mesmo modelo seguido polo castelán (anortoclasa, oligoclasa, ortoclasa, plagioclasa).
- No Diccionario das ciencias da natureza e da saúde parece recomendarse[3] o emprego de -´clase (anortóclase –ou anortosa–, clinóclase –ou clinoclasita), seguindo un padrón que é usado en inglés (anorthoclase, clinoclase, oligoclase, orthoclase, plagioclase) e en francés (anorthoclase, clinoclase, oligoclase, orthoclase, plagioclase).
- No Vocabulario ortográfico da lingua galega, o único de todos estes minerais que se cita forma o seu nome a partir de -clasio (plaxioclasio), modelo tamén empregado en portugués (anortoclásio, oligoclásio, ortoclásio, plagioclásio), onde alterna con -clase (anortoclase, oligoclase,ortoclase ou ortóclase, plagioclase).[4]
- O Vocabulario de ciencias naturais e o Gran diccionario Xerais recomendan o emprego de -clasa (anortoclasa, oligoclasa, ortoclasa, plaxioclasa) que é o mesmo modelo seguido polo castelán (anortoclasa, oligoclasa, ortoclasa, plagioclasa).
Todo o exposto ata aquí amósanos que fenómenos como a presenza de diversas denominacións ou variantes para un mesmo concepto, ou a existencia de irregularidades en series denominativas que deberían ser regulares non afectan só ao galego, senón tamén a linguas que adoitamos tomar como modelo (como o inglés ou o portugués).
Por moito que este mal sexa común parécenos que segue sendo aconsellable facer unha proposta de regularización de usos nos dous casos en que as fontes documentais galegas apuntaban a camiños distintos. Por iso, tendo en conta a autoridade normativa de cada unha delas, aconsellamos:
|
----------------------------------
[1] Porén, neste caso xa non existe unanimidade entre as fontes galegas, posto que o Gran Xerais e o Vocabulario de ciencias naturais propuñan cataclase.
[2] Aínda así, as variantes, cataclase, diaclase e litoclase tamén teñen unha presenza significativa ou, nalgúns casos –diaclase–, moi maioritaria.
[3] Na medida en que se trata de unha obra na que só están publicadas as entradas correspondentes ás letras A, B e C, non podemos facer unha afirmación máis atrevida.
[4] O uso de -clásio é máis frecuente no portugués do Brasil, e o de -clase na variedade europea.