Ir o contido principal

58. Diáclases, plaxioclasios e outros cultismos con -klastós

Un idioma preciso

O elemento grego -klastós (que significaba ‘rotura’ ou ‘fragmento’) vénse empregando nas linguas occidentais como formante culto na creación de termos que teñen como trazo significativo esa idea de ‘ruptura’.

Así emprégase:

  1. Para darlle nome a instrumentos médicos que serven para romper estruturas duras do organismo, baixo a forma -clasto [EN: -clast; PT: -clasto; ES: -clasto]: cranioclastolitoclastoosteoclasto

     

  2. Para designar diferentes tipos de células que teñen en común a capacidade de atacar e destruír determinados tecidos, tamén coa mesma forma -clastocementoclastocondroclastoodontoclastoosteoclasto

     

  3. Aínda coa mesma forma, para referirse en xeoloxía a fragmentos de rocha creados pola acción de axentes físicos: clastopiroclasto

     

  4. Para nomear en xeoloxía diferentes tipos de fractura, normalmente con denominacións rematadas en -´clasediáclaselitóclase (VOLGGran Xerais…) ou catáclase[1] (Diccionario das ciencias da natureza e da saúde).
    Formas semellantes son tamén empregadas polo portugués (catáclasediáclaselitóclase…u u u u u u u u u u )[2], o inglés (cataclasisdiaclasislithoclase…r r r r r r r l l l ) e o castelán (cataclasisdiaclasalitoclasa…e e e e e e e e e e ). Nas tres linguas é tamén posible percibir irregularidades denominativas moi semellantes ás que indicamos en galego na nota anterior.

     

  5. Tamén en xeoloxía, para designar algúns minerais do grupo dos feldespatos.
    Se nos casos anteriores había unha alta unanimidade á hora de elixir a forma que adoptaba o -klastós grego, neste caso os traballos galegos optan por liñas diverxentes:
     

Todo o exposto ata aquí amósanos que fenómenos como a presenza de diversas denominacións ou variantes para un mesmo concepto, ou a existencia de irregularidades en series denominativas que deberían ser regulares non afectan só ao galego, senón tamén a linguas que adoitamos tomar como modelo (como o inglés ou o portugués).

Por moito que este mal sexa común parécenos que segue sendo aconsellable facer unha proposta de regularización de usos nos dous casos en que as fontes documentais galegas apuntaban a camiños distintos. Por iso, tendo en conta a autoridade normativa de cada unha delas, aconsellamos:

  • Empregar -clase (diáclaselitóclasecatáclase) para designar os tipos de fracturas xeolóxicas que se formen a partir de -klastós.
  • Empregar -clasio (anortoclasiooligoclasioortoclasioplaxioclasio) para nomear os minerais do grupo dos feldespatos construídos a partir do mesmo formante grego.

 

----------------------------------

[1] Porén, neste caso xa non existe unanimidade entre as fontes galegas, posto que o Gran Xerais e o Vocabulario de ciencias naturais propuñan cataclase.

[2] Aínda así, as variantes, cataclasediaclase e litoclase tamén teñen unha presenza significativa ou, nalgúns casos –diaclase–, moi maioritaria.

[3] Na medida en que se trata de unha obra na que só están publicadas as entradas correspondentes ás letras A, B e C, non podemos facer unha afirmación máis atrevida.

[4] O uso de -clásio é máis frecuente no portugués do Brasil, e o de -clase na variedade europea.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.11.2023.