
A docencia é a cerna da actividade universitaria.
A lexislación establece o papel que o galego, lingua propia da USC, debe xogar nese ámbito, así como os dereitos que amparan tanto ao profesorado como ao alumnado.
Con todo, os datos amosan que na realidade de moitas aulas o galego aínda non ten unha presenza asentada, e que seguen sendo necesarias actuacións institucionais que promovan o seu uso.