
Os cursos dirixidos ao Persoal Técnico, de Xestión, de Administración e de Servizos están centralizados a través do Centro de Formación de Persoal.
O SNL, a través do CFP, ofrece a seguinte formación:
- Curso de Dereitos e Deberes Lingüísticos na USC
- Curso de Galego Seguro
- Curso de Presentacións Eficientes
Este curso tratará de aclarar e afianzar contidos sobre dereitos lingüísticos da Constitución, o Estatuto de Autonomía, a Lei de Normalización Lingüística, os Estatutos da Universidade e, especialmente, o Regulamento de Usos Lingüísticos.
Este curso tenta dar seguridade nos aspectos normativos do galego. Coñecer que din (e que non din as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego). Ademais, faise un achegamento á lingua a través da posta en valor do coñecemento xa adquirido, que é moito na maior parte dos casos
Esta formación pretende ofrecer os elementos esenciais que acaban por constituír unha boa presentación como elemento de apoio ao discurso oral.