39. Ondiñas veñen, ondiñas veñen, ondiñas veñen e van…
Aínda que polo título o puidera parecer, non imos falar de cántigas populares, nin da traxectoria deportiva do Celta, nin do influxo do viño na difusión da música tradicional galega.
Non, seguindo coa nosa liña, manterémonos no ámbito dos termos técnicos, e dedicaremos esta Precisión a presentar unha proposta de nomes galegos para a escala Douglas, creada polo vicealmirante Sir Henry Percy Douglas, que clasifica os diferentes estados do mar nos 10 graos seguintes, tomando como referencia o tamaño das ondas:[1]
Grao | Descrición aproximada do estado do mar | Altura das ondas (m) |
0 |
A superficie do mar está lisa coma un espello. |
Sen ondas |
1 |
O mar comeza a rizarse por partes. |
0 a 0,10 |
2 |
Fórmanse ondas curtas pero ben marcadas; comezan a romper as cristas formando unha escuma que non é branca senón de aspecto vidroso (ovellas). |
0,10 a 0,5 |
3 |
Fórmanse ondas longas con cristas de escuma branca ben caracterizadas. O mar de vento é ben definido e distínguese facilmente do mar de fondo que puidera existir. Ao romper, as ondas producen un murmurio que se apaga axiña. |
0,5 a 1,25 |
4 |
Fórmanse ondas máis longas, con cristas de escuma por todos os sitios. O mar rompe cun murmurio constante. |
1,25 a 2,5 |
5 |
Comezan a formarse ondas altas; as zonas de escuma branca cobren gran superficie. O mar ao romper produce un ruído xordo como de arrolar cousas. |
2,5 a 4 |
6 |
O mar alborótase. A escuma branca que se forma ao romper as cristas comeza a dispoñerse en bandas na dirección do vento. |
4 a 6 |
7 |
Aumentan notablemente a altura e a lonxitude das ondas e das súas cristas. A escuma disponse en bandas estreitas na dirección do vento. |
6 a 9 |
8 |
Vense ondas altas con longas cristas que caen como cadoiros; as grandes superficies cubertas de escuma dispóñense rapidamente en bandas brancas na dirección do vento; o mar colle todo el un aspecto abrancazado. |
9 a 14 |
9 |
As ondas fanse tan altas que por veces as naves á vista desaparecen nos seus senos. O mar está cuberto de escuma branca disposta en bandas na dirección do vento e o ruído que se produce é forte e enxordecedor. O aire está tan cheo de salseiro, que a visibilidade dos obxectos afastados faise imposible. |
Máis de 14 |
Cada unha das linguas do noso contorno, designou con formas propias estes graos, recorrendo na maioría dos casos a nomes tradicionais que describían os diferentes estados do mar, que pasaron así a converterse en termos técnicos.
0 |
calm sea |
mar estanhado |
mar llana o calma |
mer calme |
mar plana |
mare calmo |
1 |
rippled sea |
mar chão |
mar rizada |
mer ridée |
mar arrissada |
mare quasi calmo |
2 |
smooth sea |
mar |
marejadilla |
mer belle |
marejol |
mare poco mosso |
3 |
slight sea |
pequena vaga |
marejada |
mer peu agitée |
maror |
mare mosso |
4 |
moderate sea |
mar cavado |
fuerte marejada |
mer agitée |
forta maror |
mare molto mosso |
5 |
rough sea |
mar grosso |
mar gruesa |
mer forte |
maregassa |
mare agitato |
6 |
very rough sea |
mar alteroso |
mar muy gruesa |
mer très forte |
mar brava |
mare molto agitato |
7 |
high sea |
mar tempestuoso |
mar arbolada |
mer grosse |
mar desfeta |
mare grosso |
8 |
very high sea |
mar |
mar montañosa |
mer très grosse |
mar |
mare molto grosso |
9 |
phenomenal sea |
mar desencontrado |
mar enorme |
mer |
mar enorme |
mare tempestoso |
Se buscabamos a nomenclatura que se debía usar en galego podiamos bater, xa non con propostas diferentes, senón aínda opostas no que tiña que ver coas fontes das que extraían os termos. Así, mentres que o Manual marítimo-pesqueiro de Galicia se limitaba a adaptar e traducir a terminoloxía do castelán, o Vocabulario das ciencias naturais intentaba reaproveitar formas preexistentes en galego, pero admitindo un número tal de variantes que dificultaba a súa utilización en contextos técnicos, como por exemplo as predicións meteorolóxicas. Vemos a continuación ambas as dúas listaxes:
Manual marítimo-pesqueiro |
Voc. das ciencias naturais |
|
0 |
mar calmo |
mar calmo; mar en calma; mar bo |
1 |
mar rizado |
mar chan; mar liso; mar raso; mar manso |
2 |
mareiriña |
mar teso; mar rizo; mar de vento; mar rixo |
3 |
mareira |
mar picado; maraxiña |
4 |
forte mareira |
mar roleiro |
5 |
mar groso |
mar gordo; mar de vaga; marusía |
6 |
mar moi groso |
mar duro; mareira |
7 |
mar arborado |
mar bravo; mar arborado |
8 |
mar montañoso |
mar moi bravo; mar montañoso |
9 |
mar enorme |
mar desfeito; mar confuso; mar enorme |
Este panorama cambiou hai ben poucas datas, pois a Comisión de Validación Terminolóxica de TERMIGAL (Servizo de Terminoloxía Galega)[2] acaba de elaborar unha proposta de nomenclatura galega para os diferentes graos da escala Douglas, que parte tamén da terminoloxía viva empregada nos medios mariñeiros. E dicimos que cambiou porque esta proposta, que presentamos a seguir, chega avalada pola autoridade lingüística que supón a presenza da Real Academia Galega en TERMIGAL, aval co que non contaba ningunha das dúas antes presentadas.
Grao |
Termo proposto por TERMIGAL |
0 |
mar chan; mar calmo |
1 |
mar rizado |
2 |
mar ovellado |
3 |
marusía |
4 |
forte marusía |
5 |
media vaga |
6 |
vaga |
7 |
vagallón |
8 |
vagallón campal |
9 |
mar enorme |
Xa que logo, a nosa recomendación non pode ser outra máis cá de usar esta última proposta de nomenclatura e evitar tanto o calco das formas castelás como o emprego doutras denominacións galegas que poden provocar confusións á hora de identificar o grao da escala ao que se está aludindo. |
----------------------------------
[1]De forma indirecta, o estado do mar tamén se pode determinar a través da escala Beaufort, creada en 1806 polo almirante irlandés sir Francis Beaufort, e que clasifica a velocidade dos ventos en 12 graos que van desde a “calma” (0) ata o “furacán” (12). A escala indica tamén o tamaño das ondas que cada un destes niveis de vento pode provocar.
[2] Este organismo está constituído por un convenio entre a Real Academia Galega e o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Podedes ver unha descrición das súas principais funcións aquí.