Convocatoria de bolsas complementarias para estadías de profesorado estranxeiro na USC no marco dos convenios bilaterais de intercambio para persoal docente e investigador vixentes con países non pertencentes ao EEES.
Actividades subvencionables
A convocatoria está destinada a subvencionar estadías de PDI procedente de institucións socias co fin de impartir docencia na USC, preparar proxectos conxuntos de investigación e/ou cooperación, realizar actividades de cooperación ou investigación conxunta ou outras actividades académicas de relevancia. Só se concederán axudas ao PDI que proveña de universidades que conten cun convenio bilateral específico de intercambio de PDI coa USC vixente tanto no momento de presentar a solicitude como durante o período de realización da estadía.
Para máis información sobre os convenios vixentes pódese consultar a web da Unidade de convenios
As solicitudes dirixiranse á Oficina de Mobilidade.
A solicitude deberá presentarse xunto coa documentación requirida a través do Rexistro electrónico da USC identificándose coas súas claves de PDI.
Acceso ao Rexistro Electrónico da USC: A través da web www.usc.gal. No menú despregable: USC Virtual Sede Electrónica Servizos Persoais Rexistro electrónico. https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/rexistroElectronico.htm?exe…
Pasos a seguir:
- Farase una solicitude Xeral (non existe Procedemento)
- Órgano ao que vai dirixido: Oficina de Mobilidade
- Asunto da solicitude: Solicitude axudas para PDI visitante de fóra do EEES – 2024
- Como anexos engadiranse os documentos requiridos desta convocatoria.
Alternativamente, en caso de dificultades técnicas, tamén poderán presentarse no Rexistro Xeral da USC, situado na Reitoría da USC (Colexio de San Xerome. Praza do Obradoiro s/n, Santiago de Compostela) e no Rexistro do Campus de Lugo, situado no edificio de Servizos Administrativos da Biblioteca Intercentros (Avda. de Bernardino Pardo Ouro s/n, Lugo), ou nas formas e lugares establecidos na Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Documentación
Os/as solicitantes deberán achegar a seguinte documentación:
- A solicitude debidamente cumprimentada (Anexo I).
- Currículum vitae do PDI visitante e resumo das actividades que ten previsto realizar na USC, destacando o valor e o beneficio da estadía no ámbito docente e/ou investigador para a USC.
- Copia do pasaporte do PDI visitante.
Prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes rematará ás 14:00 horas do día 5 de febreiro de 2024
O prazo máximo de resolución será de 1 mes contado a partir do día seguinte á data de publicación da adxudicación provisional. O efecto do silencio administrativo será desestimatorio.
Os/as solicitantes deberán ser membros do PDI da USC e ter o visto e prace do/a director/a do Departamento correspondente. Cada membro do PDI da USC poderá presentar unha única solicitude. Concederase un máximo de 2 axudas por universidade socia
A Comisión de Selección estará integrada pola Vicerreitora de Titulacións e Internacionalización, ou persoa en quen delegue, que a presidirá, a Vicerreitora de Política Científica, ou persoa en quen delegue, e un membro do persoal técnico da Oficina de Mobilidade da USC, que actuará como secretario/a.
A avaliación das solicitudes presentadas terá en conta a valoración, entre outros, dos seguintes aspectos:
- Currículum vitae do PDI visitante.
- Relevancia e viabilidade da actividade proposta a realizar durante a estadía e claridade expositiva.
- Colaboración previa acreditada coa universidade socia.
Dentro dos 30 días seguintes despois de finalizado o prazo de presentación de solicitudes e antes da súa valoración, a Comisión de Selección publicará na Sede Electrónica da USC a relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas. As persoas solicitantes excluídas poderán xustificar o seu dereito a ser admitidas no prazo de 5 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación da relación provisional.
O incumprimento dos requisitos establecidos nesta convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera manipulación da información solicitada será causa de exclusión.
Efectuada a valoración, a Comisión procederá á publicación da proposta provisional de adxudicación das axudas na Sede Electrónica da USC, coa indicación dunha lista ordenada dos/as candidatos/as seleccionados/as e, de ser o caso, a correspondente lista de agarda.
Contra esta proposta as persoas interesadas poderán presentar alegacións no prazo de 5 días naturais, contados a partir do día seguinte da súa publicación.
Transcorrido este prazo e analizadas, de ser o caso, as alegacións, a proposta será elevada a definitiva.
As persoas beneficiarias das axudas deberán:
- Posuír un seguro médico e de responsabilidade civil con validez en España durante todo o período da súa estadía na USC.
- Asinar o Certificado de chegada (Anexo II) na Oficina de Mobilidade (ao inicio da estadía.
- Asinar o Certificado de fin de estadía (Anexo III) na Oficina de Mobilidade á finalización da estadía.
- Presentar unha Memoria de seguimento da estadía (Anexo IV). Este documento deberá ser presentado na Oficina de Mobilidade da USC (international [at] usc.gal (international[at]usc[dot]gal)) no prazo de 1 mes a contar dende a data de remate da estadía. Os resultados obtidos poderán ser tidos en conta en futuras convocatorias. A aceptación da axuda por parte do/a beneficiario/a implica a aceptación das normas fixadas nesta convocatoria.
As persoas solicitantes das axudas deberán:
A persoa solicitante deberá rexistrar a persoa beneficiaria da axuda no Rexistro de Investigadores/as Visitantes e, de ser o caso, dala de alta nos Servizos Informáticos da USC. Así mesmo, o/a solicitante deberá comunicar á Oficina de Mobilidade (international [at] usc.gal (international[at]usc[dot]gal)) calquera cambio que se efectúe respecto da solicitude presentada, en especial no relativo ás datas da estadía ou á baixa da persoa beneficiaria no programa.
As axudas concederanse por un período mínimo de 2 semanas e máximo de 4 semanas.
Os desprazamentos deberán iniciarse antes do 30 de novembro de 2024 e finalizar antes do 15 de decembro de 2024
A resolución de adxudicación coa relación definitiva dos candidatos seleccionados, publicarase na Sede Electrónica da USC.
Ligazón á convocatoria no Taboleiro
Convocatoria: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/124697/carga.htm (08/01/2024)
Resolucións derivadas da convocatoria
Lista provisional de solicitudes admitidas e excluidas 2024: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/125136/carga.htm (8/02/2024)
Lista definitiva de solicitudes admitidas e excluidas 2024: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/125334/carga.htm (21/02/2024)
Proposta provisional de adxudicación de axudas 2024: Taboleiro de anuncios - Sede electrónica (usc.es) (29/02/2024)
Proposta definitiva de adxudicación de axudas 2024: Taboleiro de anuncios - Sede electrónica (usc.es) (12/03/2024)
A aceptación da bolsa por parte do/a beneficiario/a implica a aceptación das normas fixadas nesta convocatoria.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela/Lugo no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte á súa recepción, de conformidade cos artigos 46 e 8.2.a) da Lei da Xurisdición Contencioso Administrativa, aprobada por Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Non obstante, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado en tanto non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Mobility Office
- Mobility Office
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- international [at] usc.gal
Mobility Office
- Oficina de Mobilidade. Mobility Office
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- internacional.lugo [at] usc.gal