Skip to main content

Cursos

Os cursos do CLM están centrados na/o estudante e parten dunha metodoloxía comunicativa e funcional, baseada na aprendizaxe activa da lingua e o desenvolvemento das destrezas de expresión, compresión e interacción oral e escrita.

Para coñecer as características dos cursos (oferta, equivalencia no MECRL, programa, duración, modalidade, prazas, condicións de acceso, avaliación, prezo etc.) así como matricularte debes premer no apartado correspondente de cada lingua.

Os cursos poden ser anuais, semestrais, intensivos ou de verán; e poden ter unha duración variable, ata un máximo de 100 horas. Así mesmo, poden combinar en proporcións diversas o traballo na aula e o traballo individual titorizado. Tamén, nalgúns casos, se ofrece formación en liña presencial. Todas estas características podes consultalas na información que acompaña a cada curso.

Podes consultar a oferta de cursos dun idioma e matricularte entrando no apartado correspondente de cada lingua.

Os grupos presenciais teñen un máximo de 15 alumnos/as, e redúcese nos cursos en liña. Podes consultar a oferta de cursos dun idioma e matricularte entrando no apartado correspondente dese idioma.

Os cursos do CLM están centrados na/o estudante e parten dunha metodoloxía comunicativa e funcional, baseada na aprendizaxe activa da lingua e o desenvolvemento das destrezas de expresión, compresión e interacción oral e escrita.

A avaliación dos cursos é continua, contemplando para a cualificación final a asistencia e participación nas sesións de clase, a realización e entrega de tarefas e a superación das probas finais oral e escrita.

Se partes do nivel inicial ou se tes acreditado un nivel de idioma no CLM por realizares un curso anterior, poderás matricularte directamente no nivel que desexes dese idioma. Se non, terás que inscribirte nun test de nivel gratuíto que unicamente servirá para che indicar en que curso debes matricularte posteriormente.

Podes consultar os prezos na información que acompaña a cada curso.

As persoas que superen os cursos regulares obterán un certificado nominal da USC coa denominación do curso, o nivel MECRL a que corresponde, a súa duración en horas, o tipo e a modalidade, o curso académico en que se desenvolveu así como a cualificación acadada polo alumno/a.

A superación do curso ou cursos que completan un nivel do MCERL acreditan ese nivel do MCERL na USC e en todas as entidades que o recoñezan.

A realización de cursos regulares no CLM pode dar dereito ao recoñecemento de créditos ECTS nos estudos de grao.

The contents of this page were updated on 08.26.2024.