Coñecer o catalán resulta moi interesante se queres realizar estudos en universidades de Cataluña, Valencia ou Illas Balears ou se queres traballar ou vivir alí.
O Centro de Linguas Modernas, en colaboración co Institut Ramon Llull, ofrece cursos de lingua e cultura catalás; cursos semipresenciais de preparación para as certificacións de lingua catalá e un curso intensivo de verán.
Así mesmo organiza as probas en Galicia para a obtención dos Certificats de Catalá do Institut Ramon Llull.
Velaquí a equivalencia dos niveis dos cursos do CLM cos do MECRL.
O Centro de Linguas Modernas da USC ofrécelles á comunidade universitaria e ás persoas interesadas maiores de 18 anos os Cursos de catalán, adaptados ao nivel A2 do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas (MECRL).
Son dous cursos, de nivel A2.1 e A2.2, con carácter semestral, con cadansúas 50 horas, combinando presencialidade e o traballo autónomo tutelado.
O curso segue a metodoloxía baseada no enfoque comunicativo por tarefas, que procura o desenvolvemento integrado e significativo das diversas destrezas lingüísticas fundamentais.
O obxectivo xeral deste curso é acadar o grao de competencia mínima que lle permita ao alumnado unha comunicación de subsistencia en catalán.
- Introducir nas características básicas do catalán, con especial énfase na fonética máis diferenciada e nos coñecementos léxico-gramaticais fundamentais para levar a cabo actos comunicativos básicos en situacións cotiás.
- Ollar de xeito simultáneo e continuado ao marco sociocultural da lingua.
- Acceder á información e aos recursos precisos para a futura autoaprendizaxe do catalán, tendo en conta o tipo de curso (introdutorio e con posibilidade de non continuación) e mais a dificultade de aprender o idioma fóra do seu dominio lingüístico.
Na avaliación, a nota final do curso distribúese da seguinte maneira:
- Avaliación continua (40% / 50%): Traballo de clase e tarefas / Traballo de clase e intervención oral no A2.1 e no A2.2, respectivamente
- Proba final (60%-50% no A2.1 e A2.2, respectivamente)
Así mesmo, ofrece os cursos de preparación para os exames para obter os certificados de catalán dos niveis intermedio (B) e de suficiencia (C) do Instituto Ramon Llull. Son cursos de 50 horas (20 presenciais e 30 horas de traballo titorizado do alumno/a).
Estes cursos combinan a asistencia ás sesións presenciais, o asesoramento do profesor, a autoformación do estudante e os materiais de autoaprendizaxe. Fundamentalmente trabállase cos modelos das probas e co desenvolvemento das destrezas e estratexias necesarias para aprobar os exames.
O nivel inicial é o A2.1. As persoas que queiran realizar un curso de catalán deste nivel, poden matricularse directamente na Secretaría Virtual.
As persoas que teñen acreditado un nivel no CLM porque aprobaron un curso no semestre anterior, poden matricularse directamente no nivel inmediatamente seguinte.
As persoas que non teñen acreditado un nivel no CLM, deben inscribirse antes nun test de nivel, que é gratuíto e se realiza presencialmente.
O test de nivel só autoriza para matricularse no nivel acadado, pero non serve como acreditación do nivel correspondente segundo o MECRL.
De ofrecerse varias datas para realizar o test de nivel, recoméndase acudir á primeira porque as prazas nos cursos se cobren por orde de inscrición. O test de nivel non ten custo para as/os estudantes.
A2 | Semestral | 1st semester | Santiago
- 15 Seats
- Teaching staff: MARIA ROSA OLLE PLANAS
- Grupo A
- Monday and Wednesday | 19:00 to 20:30 | Faculty of Economics and Business | Aula 10
- Face-to-face hours
- 40
- Work hours
- 10
- Total hours
- 50
- Preinscripción en la actividad
- 29/08/2024 - 04/10/2024
- Matrícula en la actividad
- 29/08/2024 - 04/10/2024
- Desarrollo de la actividad
- 07/10/2024 - 18/12/2024
- Movimiento automático de lista
- 29/08/2024 - 04/10/2024
- General price
- 100€
- CLM: Estudiantes de la USC
- 24€
- CLM: Comunidad de la USC
- 24€
- Registration access
- Virtual Secretary
Avanzado | Semestral | 1st semester | Santiago

- Thursday | 19:00 to 21:00 | Faculty of Economics and Business | Aula 15
- Face-to-face hours
- 20
- Work hours
- 30
- Total hours
- 50
- Preinscripción en la actividad
- 29/08/2024 - 04/10/2024
- Matrícula en la actividad
- 29/08/2024 - 04/10/2024
- Desarrollo de la actividad
- 10/10/2024 - 19/12/2024
- Movimiento automático de lista
- 29/08/2024 - 04/10/2024
- General price
- 125€
- CLM: Estudiantes de la USC
- 30€
- CLM: Comunidad de la USC
- 30€
- Registration access
- Virtual Secretary
Para acreditar os teus coñecementos lingüísticos de catalán tes varias vías na USC:
- Aprobar un curso do CLM da USC que complete un nivel do MCERL.
- Achegar un título ou diploma que estea recoñecido pola institución diante da que te debas acreditar.
- Presentarte aos exames do Instituto Ramon Llull para os que o CLM é centro examinador en Galicia.
Nos estudos de grao da USC poden recoñecerse créditos por competencias transversais, por exemplo, por actividades de formación en linguas.
A realización dos cursos de catalán no CLM dá dereito ao recoñecemento de créditos ECTS nos estudos de grao, desde os 3 ECTS do B1 ata os 6 ECTS do C2.
Xornada literaria coa poeta Jèssica Ferrer e o grupo "Ses Honorables Virtuts Il·lògiques"
No marco das materias de catalán da Facultade e do CLM, a Área de Filoloxía Catalá organiza unha xornada literaria o día 13 de abril para toda a facultade. Agardámosvos!
Ciclos de cine de catalá CineFilo (Facultade de Filoloxía)
Organizado pola Facultade de Filoloxía (Proxectos colaborativos culturais), CineFilo é un cineclub que quere ser un punto de encontro a través da arte do cinema das linguas e culturas que se ofrecen na facultade de Filoloxía ou ben no CLM, así como un espazo de colaboración e diálogo entre todos os membros da comunidade universitaria e veciñanza.
Bolsas e estadías de formación en catalán 2024
Estadías lingüística de verán. Convocatoria 2024