Ir o contido principal

Ciclos de cine de catalá CineFilo (Facultade de Filoloxía)

Organizado pola Facultade de Filoloxía (Proxectos colaborativos culturais), CineFilo é un cineclub que quere ser un punto de encontro a través da arte do cinema das linguas e culturas que se ofrecen na facultade de Filoloxía ou ben no CLM, así como un espazo de colaboración e diálogo entre todos os membros da comunidade universitaria e veciñanza.

A programación deste 5º ciclo comeza en xaneiro e remata en maio 2025. Consta de 9 filmes que contan con presentación, un coloquio posterior e, eventualmente, a presenza de directoras e membros do equipo técnico. A actividade é aberta e de balde, e ten lugar quincenalmente os martes ás 17:00 h no salón de Actos. O seu seguimento está, ademais, recoñecido pola Facultade de Filoloxía como formación.

Nesta ocasión, parte da programación de CineFilo formará parte das actividades enmarcadas na celebración do 50º aniversario da Facultade de Filoloxía, de xeito que haberá un maior número de áreas representadas que aportarán un maior enfoque filolóxico.

Para máis información, podedes seguir a conta Instagram: @cineFilo.usc https://www.instagram.com/cinefilo.usc/

Contacto: Dolors Perarnaur: dolors.perarnau [at] usc.es (dolors[dot]perarnau[at]usc[dot]es), rosa.olle [at] usc.es (rosa[dot]olle[at]usc[dot]es) 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.01.2025.