O Centro de Linguas Modernas da USC conta con máis de 40 anos de experiencia no ensino de idiomas á comunidade universitaria e na organización de probas para a acreditación de coñecementos lingüísticos, non só de carácter interno senón tamén exames oficiais en colaboración con prestixiosos centros de cadanseu idioma.
Son milleiras as persoas da USC e alleas á USC que aprenderon no CLM outros idiomas por necesidades académicas, profesionais ou... por puro gusto. Os resultados das enquisas de satisfacción cos cursos de linguas do CLM revelan un aprecio constante ao longo dos anos coa formación impartida, destacando a elevada consideración sobre a calidade do profesorado.
O CLM foi un dos primeiros centros universitarios de ensino de idiomas en adaptarse ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
O CLM é membro asociado da Asociación de Centros de Lenguas en la Enseñanza Superior (ACLES) e da Confederation of Language Centres in Europe (CERCLES) destinadas a promover a aprendizaxe e difusión das linguas no ensino superior.