Nas sesións de conversas poden participar os membros da comunidade universitaria e persoas alleas á USC sempre que sexan maiores de 18 anos.
Nas conversas participa profesorado especializado e un máximo de 4 (nas sesións en liña) ou de 6 persoas (nas sesións presenciais).
Antes de inscribirse nas sesións de conversa cómpre realizar un test de nivel, que é gratuíto e que servirá exclusivamente para indicarlle ao alumno/a en que nivel de conversa pode matricularse.
As persoas que superen os cursos obterán un certificado nominal da USC coa denominación do curso, o nivel MECRL a que corresponde, a súa duración en horas, o tipo e a modalidade, o curso académico en que se desenvolveu así como a cualificación acadada polo alumno/a.
Ofértanse en francés e inglés.
Os cursos de conversa non acreditan un nivel do MCERL nin dan dereito ao recoñecemento de créditos ECTS.