Ir o contido principal

Conversas

As conversas son sesións de conversación de 30, 40 ou 60 minutos, ata un total de 10 horas, dirixidas por un/ha profesor/a orientadas á práctica da expresión e a interacción oral. Nas sesións afiánzanse estruturas lingüísticas, repásase vocabulario, mellórase a pronuncia e gáñase en fluidez oral, todo cun enfoque didáctico. Ofértanse en francés e inglés.

Nas sesións de conversas poden participar os membros da comunidade universitaria e persoas alleas á USC sempre que sexan maiores de 18 anos.

Nas conversas participa profesorado especializado e un máximo de 4 (nas sesións en liña) ou de 6 persoas (nas sesións presenciais).

Antes de inscribirse nas sesións de conversa cómpre realizar un test de nivel, que é gratuíto e que servirá exclusivamente para indicarlle ao alumno/a en que nivel de conversa pode matricularse.

As persoas que superen os cursos obterán un certificado nominal da USC coa denominación do curso, o nivel MECRL a que corresponde, a súa duración en horas, o tipo e a modalidade, o curso académico en que se desenvolveu así como a cualificación acadada polo alumno/a.

Ofértanse en francés e inglés. 

Os cursos de conversa non acreditan un nivel do MCERL nin dan dereito ao recoñecemento de créditos ECTS.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.08.2024.