A USC convoca axudas á mobilidade internacional para persoal técnico e de administración e servizos (PTXAS) , para estadías en institucións en países do Programa Erasmus+ (UE e Noruega, Islandia e Liechtenstein, ademais de Macedonia do Norte e as Repúblicas de Turquía e Serbia). As institucións de acollida non teñen que ser necesariamente socias da USC. A duración desta actividade será dun mínimo de 2 días de traballo e dun máximo de 2 meses, se ben só se financiarán 5 días de traballo.
Enderezo electrónico de contacto: international [at] usc.gal
Período de solicitudes dende o 1 de maio a 20 de maio ás 23.59 horas a través do Rexistro electrónico da USC.
Convocatoria
Taboleiro de anuncios - Sede electrónica (usc.es) (30/04/2024)
Resolucións derivadas da convocatoria
- Lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas: Taboleiro de anuncios - Sede electrónica (usc.es) (07/06/2024)
- Proposta de concesión de axudas: Taboleiro de anuncios - Sede electrónica (usc.es) (25/06/2024)
- Resolución definitiva de concesión de axudas: Taboleiro de anuncios - Sede electrónica (usc.es) (09/07/2024)