Ir o contido principal
Axudas de mobilidade internacional para PTXAS a países do programa Erasmus+
Co-financiado pola UE

A USC convoca  axudas á mobilidade internacional para persoal técnico e de administración e servizos (PTXAS) , para estadías en institucións en países do Programa Erasmus+ (UE e Noruega, Islandia e Liechtenstein, ademais de Macedonia do Norte e as Repúblicas de Turquía e Serbia). As institucións de acollida non teñen que ser necesariamente socias da USC. A duración desta actividade será dun mínimo de 2 días de traballo e dun máximo de 2 meses, se ben só se financiarán 5 días de traballo.

Enderezo electrónico de contacto: international [at] usc.gal