Skip to main content

A Área Deportiva colabora na organización da proba de orientación do monte de Santo Alberto no concello de Ribeira

Monte de Santo Alberto en Ribeira
Monte de Santo Alberto en Ribeira
Será o Campionato Xunta de Galicia de Distancia Media na modalidade de Orientación a Pé e tamén constituirá a segunda proba puntuable para a Liga Transfronteiriza

A Área Deportiva da USC colaborou coa ADC Arnela na organización da proba de orientación que se desenvolverá este sábado 1 de xuño no monte de Santo Alberto, nas proximidades da localidade de Xarás do concello de Ribeira. Esta proba será o Campionato Xunta de Galicia de Distancia Media na modalidade de Orientación a Pé e tamén constituirá a segunda proba puntuable para a Liga Transfronteiriza.

Pola tarde, en Corrubedo, no mesmo concello, igualmente coa colaboración da USC, terá lugar unha proba na modalidade de sprint que así mesmo terá a consideración de Campionato Xunta de Galicia da modalidade.

Área na que se desenvolverá a proba
Área na que se desenvolverá a proba
The contents of this page were updated on 05.27.2024.