Skip to main content

Aviso legal

Fins do Portal

O Portal bUSCatermos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) é un sistema de información que permite buscar terminoloxía nas máis de 170 000 fichas do banco de datos do Servizo de Normalización Lingüística da USC.

A titularidade do Portal corresponde á Universidade de Santiago de Compostela.

Está formada a partir da compilación, análise e reelaboración de tres grandes tipos de materiais, que teñen o galego como idioma de referencia ou de traballo:

Os vocabularios e léxicos elaborados polo Servizo de Normalización Lingüística da USC.

Un conxunto de dicionarios e vocabularios elaborados por outras persoas e colectivos, que incorporamos coa súa autorización explícita.

Os rexistros elaborados no SNL para responder a consultas externas, ou a dúbidas xurdidas na revisión de textos. explorar a estrutura do I+D+i, localizar expertos nun campo de investigación científica e acceder aos resultados da investigación que se desenvolven na Universidade de Santiago de Compostela.

Acceder ao Portal, implica aceptar as condicións de uso que se expoñen a continuación.

Acceso

O acceso aos contidos de a Web, farase de acordo á política que estableza a USC.

O acceso ao sitio web e á aplicación móbil é gratuíto. A persoa usuaria comprométese a facer un uso adecuado, conforme á lei, dos contidos e servizos ofertados.

O acceso e uso do sitio implica que o usuario acepta na súa totalidade e obrígase a cumprir por completo os termos e condicións detallados no presente aviso legal.

Cando unha persoa usuaria incumpra as advertencias legais e condicións de uso que aquí se especifican, a USC resérvase o dereito a bloquear o seu acceso e a emprender as accións legais oportunas en defensa dos seus dereitos.

A Universidade de Santiago de Compostela (USC), poderá modificar, en calquera momento e sen previo aviso, a información contida no sitio web, e poderá desactivar e/ou cancelar calquera dos contidos e os servizos que a integran.

Como usuaria, toda persoa que acceda ao mesmo estará obrigada a cumprir coas seguintes obrigas:

- Usar o Portal de maneira dilixente e correcta, asumindo tamén calquera responsabilidade que se puidese derivar do mal uso. Por iso, non se poderá utilizar o Portal da Investigación da Universidade de Santiago de Compostela para a realización de actividades contrarias á Lei, nin con fins ou efectos ilícitos, prohibidos ou lesivos de dereitos e intereses de terceiros.

- A información que se introduza a efectos de identificación deberá ser veraz e actualizada. É responsabilidade exclusiva do usuario/a o cumprimento desta obrigación e da información que se introduza para a identificación.

- Queda prohibido acosar, insultar, menosprezar ou dalgún modo acosar a terceiros.

-Igualmente queda prohibido, recoller ou almacenar información persoal sobre outros usuarios sen cumprir a lexislación vixente en materia de protección de datos.

- Queda prohibida a venda dos contidos do Portal, así como calquera uso contrario a estas condicións e política de uso.

Navegación como persoa usuaria

Para acceder ao Portal non é necesaria a previa identificación, polo que non se recollen datos de carácter persoal.

Propiedade intelectual e titularidade do portal

A Universidade de Santiago de Compostela é propietario e/ou licenzatario, de toda a información contida neste portal, do seu deseño gráfico, imaxes, bases de datos, índices, códigos fontes, marcas e logotipos, estando protexidos conforme ao disposto na Lei de Propiedade Intelectual, así como na Lei de Marcas.

A súa posta a disposición e uso, non supón, en ningún caso, a cesión da súa titularidade ou a concesión dun dereito de uso a favor do usuario/a, polo que toda reprodución, copia, distribución total ou parcial, ou, comercialización, requirirá a autorización previa e escrita da Universidade de Santiago de Compostela, reservándose a entidade, en caso de uso indebido , o dereito a exercitar cantas accións legais fosen precisas para a restitución dos danos e prexuízos causados, así mesmo o usuario obrígase a indemnizar á entidade por calquera dano ou prexuízo que puidese ocasionar polo uso desta Web, infrinxindo estas condicións xerais e/ou a legalidade vixente.

A persoa usuaria deste sitio web poderá efectuar os actos que sexan necesarios para o acceso ao seu contido e a súa normal utilización. Sen embargo non poderán efectuar os seguintes actos:

  1. Os que sexan contrarios a unha explotación normal da base ou lesionen inxustificadamente os intereses lexítimos do titular dos dereitos. .
  2. Os que prexudiquen a/o titular dun dereito de autor que afecte a obras contidas na web.

Non se precisará a autorización do titular:

  1. Cando se realice unha utilización con fins persoais.
  2. Cando a utilización se realice con fins educativos ou de investigación científica sempre que leve a efecto na medida xustificada polo obxectivo non comercial que se persiga e indicando en calquera caso a súa fonte.
  3. Cando se trate dunha utilización para fins de seguridade pública ou a efectos dun procedemento administrativo ou xudicial.

Ligazóns, báneres

A inclusión nesta páxina web de ligazóns con outros portais xestionados por terceiros, ten unha finalidade meramente informativa, e non supón que a Universidade de Santiago de Compostela recomende e/ou garanta devanditos portais, sobre os que non exerce control algún, nin é responsable do contido dos mesmos.

Se calquera usuario, entidade ou sitio web desexase establecer algún tipo de ligazón con destino ao bUSCatermos da Universidade de Santiago de Compostela, deberá dirixilo á páxina principal do buscador.

A Universidade de Santiago de Compostela non ten facultade para coñecer, controlar nin aprobar toda a información, contidos, produtos ou servizos facilitados por outros sitios web que teñan establecidos ligazóns con destino a este sitio web. En consecuencia, a Universidade de Santiago de Compostela non asume ningún tipo de responsabilidade por ligazóns de terceiros dirixidas ao presente Portal de Investigación.

Protección de datos de carácter persoal e política de privacidade

Este portal e o seu sitio web non recompila datos de carácter persoal polo que non é aplicable. a normativa de Protección de Datos.

A política de privacidade deste portal é a mesma que a da Universidade de Santiago de Compostela, e poderá ser consultada na seguinte ligazón:

Para calquera consulta sobre esta materia poderá dirixirse a protecciondatos [at] usc.es (protecciondatos[at]usc[dot]es)

Rastros (cookies)

En ocasións é posible que se utilicen rastros co fin de proporcionar unha serie de contidos e/ou servizos de maneira personalizada. Un rastro é un pequeno elemento de datos que un sitio web pode enviar ao programa de navegación Web do usuario.

Á súa vez, este elemento pode almacenarse no disco duro do computador do usuario de maneira que se poida recoñecer cando regrese ao sitio web. En calquera caso, sempre existe a posibilidade de que o usuario especifique, nas preferencias do seu programa de navegación que desexa recibir un aviso antes de aceptar calquera rastro.

Outros dereitos

Queda prohibida a reprodución parcial ou total do nome ou logotipo de bUSCatermos e o da USC para fins non académicos ou comerciais sen consentimento expreso e escrito do seu lexítimo titular.

Exclusión de responsabilidade

Tanto o acceso a este sitio web ou á aplicación móbil como o uso que poida facerse da información contida nel é responsabilidade exclusiva das persoas usuarias.

A USC non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo, que puidese producirse no equipo da persoa usuaria como consecuencia directa ou indirecta do acceso a este sitio web ou a aplicación móbil.

Así mesmo, a USC queda eximida de calquera responsabilidade derivada do mal funcionamento do sitio web ou da aplicación móbil que teña a súa orixe nunha circunstancia accidental, forza maior, traballos necesarios de mantemento ou calquera outra causa, así como de eventuais erros e inexactitudes que puidese conter o sitio web.

Actualización das condicións de uso

A USC resérvase o dereito a actualizar as presentes condicións de uso.

The contents of this page were updated on 09.25.2024.