Skip to main content

Últimos días para presentar candidaturas ao Premio Humanitas

O premio recoñece persoas ou iniciativas que destaquen pola súa actividade solidaria, social ou humanitaria. Foto: Santi Alvite
O premio recoñece persoas ou iniciativas que destaquen pola súa actividade solidaria, social ou humanitaria. Foto: Santi Alvite
Busca recoñecer accións e traxectorias en beneficio da mellora da calidade de vida da colectividade e as candidaturas poderán presentarse ata o 15 de novembro

O Consello Social e Alumni USC teñan convocada unha nova edición do Premio Humanitas 2024, co que buscan recoñecer accións e traxectorias que estean desenvolvendo actualmente en Galicia persoas físicas, xurídicas, asociacións, empresas ou fundacións implicadas en actividades solidarias, sociais ou humanitarias, en beneficio da mellora da calidade de vida da colectividade.

As candidaturas para o premio Humanitas, dotado de 2.000 euros, deben presentarse mediante escrito razoado a través do rexistro electrónico da USC dirixido ao Consello Social, ata o día 15 de novembro de 2024. Poden presentar candidaturas de acordo cos requirimentos establecidos no texto da convocatoria membros do Consello Social, de Alumni-USC ou da propia comunidade universitaria.
 

The contents of this page were updated on 11.11.2024.