Últimos días para presentar candidaturas ao Premio Humanitas
O Consello Social e Alumni USC teñan convocada unha nova edición do Premio Humanitas 2024, co que buscan recoñecer accións e traxectorias que estean desenvolvendo actualmente en Galicia persoas físicas, xurídicas, asociacións, empresas ou fundacións implicadas en actividades solidarias, sociais ou humanitarias, en beneficio da mellora da calidade de vida da colectividade.
As candidaturas para o premio Humanitas, dotado de 2.000 euros, deben presentarse mediante escrito razoado a través do rexistro electrónico da USC dirixido ao Consello Social, ata o día 15 de novembro de 2024. Poden presentar candidaturas de acordo cos requirimentos establecidos no texto da convocatoria membros do Consello Social, de Alumni-USC ou da propia comunidade universitaria.