O Congreso EBEN España 2025 terá lugar na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC do mércores 21 ata o venres 23 de maio de 2025. Propón, segundo a organización, "un espazo de reflexión, debate e traballo baixo o lema Dinamizando o cambio: Dixitalización para un futuro responsable, ético e centrado nas persoas". Este encontro busca, de acordo coa web do congreso, "unir traballos teoricamente fundamentados e de relevancia práctica, de diversas áreas de coñecemento, sobre como a converxencia da ética, a dixitalización e a sustentabilidade pode actuar como catalizador dun cambio transformador nas empresas e na sociedade en xeral, sempre co benestar humano como prioridade".
EBEN-España é a rama española da European Business Ethics Network (EBEN), unha asociación de ámbito europeo creada en 1987 para promover o estudo e a aplicación da ética no ámbito das organizacións, os negocios e a economía.
Congreso EBEN España 2025
05.21.2025 | 09.00h